• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Un vehículo en sentido contrario provoca un accidente na autovía do Barbanza

Ago 07 Escrito por 
RIBEIRA> Aparentemente e a pesar da aparatosidade do accidente ningún dos ocupantes dos dous vehículos sinistrados sufriron danos de consideración, aínda que foron trasladados en ambulancia ó hospital da Barbanza.
O accidente tiña lugar ó redor das dez desta mañá. A esa hora o 112 recibía unha sinal de alerta por unha colisión entre dous vehículos na autovía do Barbanza, á altura da saída de Palmeira, polo que mobilizou ós equipos de emerxencias. Ata o lugar desprazáronse varias dotacións do parque de Bombeiros de Ribeira, o Grupo Municipal de Emerxencias e a Policía Nacional, así como tamén a Garda Civil de Tráfico. Ó parecer todo apunta a que o conductor dun dos turismos implicados, duns 70 anos de idade, circulaba en sentido contrario, o que provocou unha colisión frontal contra outro coche que conducía unha moza duns trinta anos que si transitaba correctamente polo seu carril e que non puido evitar esquivalo. Os dous condutores tiveron que ser trasladados ó hospital da Barbanza con diversas feridas a consecuencia do choque, aínda que non parecían de gravidade. A consecuencia do accidente a autovía quedou pechada ó tráfico durante varias horas debido ós traballos de retirada dos vehículos e limpeza da calzada, polo que a circulación foi desviada polo saída de Palmeira.
Etiquetado como Barbanza    Ribeira    Palmeira    sentido contrario    Accidente    autovia do barbanza    Bombeiros    gem ribeira   
Publicado en SUCESOS
Modificado por última vez no Venres, 07 Agosto 2015 17:19

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Comezan as obras do novo vial no Hospital da Barbanza
    RIBEIRA> O executivo ribeirense informou do inicio das obras de rectificación do vial situado a carón da área de Urxencias do Hospital da Barbanza. A actuación, cun orzamento de máis de 45 mil euros, permitirá unha vez concluída poder iniciar as obras de ampliación do complexo hospitalario, ó incorporarse nela a zona cuberta pola que actualmente entraban as ambulancias. As obras Terán un prazo de execución dun mes e a seu custe será asumido polas propias arcas municipais.
  • Unha exposición de Héitor Picallo conmemora o trinta aniversario do museo Valle-Incla´n
    POBRA> O acto foi aproveitado tamén para presentar o libro A Torre dos Valle Bermúdez no Caramiñal.
  • Vox Ánima denuncia a agresión a un voluntario do colectivo animalista
    RIBEIRA> Un voluntario da asociación animalista Vox Ánima sufriu unha agresión cando viña de repartir material informativo nun colexio. Denuncia que os ocupantes dun vehículo lle tiraron unha botella con lixivia que impactou sobre el e o seu can.
  • Ribeira vivirá unha noite de música amenizada por grupos locais
    RIBEIRA> Co obxectivo de dinamizar a hostalería da zona e promocionar o talento dos músicos locais, así como ofrecer unha alternativa de ocio á mocidade, as concellerías de Cultura e de Xuventude de Ribeira veñen de organizar a Noite Nova que se celebrará este sábado.
  • Ramiro Carregal promove dúas das regatas máis destacadas do calendario galego
    SANTIAGO> Como cada ano, Santiago de Compostela foi o lugar escollido para presentar as dúas regatas promovidas polo empresario ribeirense, Ramiro Carregal. O 27 e 28 de maio desputarase o Gran Trofeo Faro de Corrubedo entre Portosín e Ribeira mentres que o día tres de xuño é a data escollida para a Regata Frinsa.
  • Arranca a veda do polbo nunha campaña con excelente cotización
    RIBEIRA> Este venres iniciase a veda do polbo tras unha campaña máis que satisfactoria en capturas pero, sobre todo, en cotizacións. O prezo medio do quilo situouse en sete euros e medio acadando no que vai de ano unha facturación de máis dun millón de euros.
HomeSUCESOSUn vehículo en sentido contrario provoca un accidente na autovía do Barbanza Top of Page

Síguenos en facebook