09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Aperece o cadáver dun indixente nos portais dun baixo comercial en Boiro

Out 07 Escrito por 
BOIRO> O falecido, que foi identificado coma Ricardo Pérez Basichi, tiña 59 anos e era veciño de Escarabote.
Os veciños da urbanización Proimbarsa, en pleno centro de Boiro, leváronse un bo susto coa aparición dun cadáver no portal dun dos baixos existentes na zona, hoxe sen actividade. O falecido era un indixente, Ricardo Pérez Basichi, ó parecer veciño de Escarabote. Á espera do ditame da autopsia que lle foi practicada no Hospital de Conxo en Santiago para coñecer as posibles causas do falecemento, todo apunta a que puido deberse a causas naturais, xa que non había signos aparentes de violencia . O máis probable é que se debera a unha hemorraxia interna, xa que xunto ó seu corpo apareceu unha gran mancha de sangue.
Etiquetado como Barbanza    Boiro    falecemento    indixente    edificio proimbarsa    portal    baixo comercial    hmorraxia interna   
Publicado en SUCESOS
Modificado por última vez no Mércores, 07 Outubro 2015 18:17

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Galicia disporá dun catro por cento máis de posibilidades de pesca no 2018
    GALICIA> As cotas pesqueiras para o 2018 permitirán á flota galega pescar un catro por cento máis. Así o destacou a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, quen representou ás comunidades autónomas no debate da comisión europea de Pesca.
  • A Pobra acollerá este sábado un espectáculo de homenaxe a Valle e a García Martí
    POBRA> A actividade, organizada pola Asociación Cultural Eiradela, mesturará teatro, música, canto e o baile tradicional . ‘Un mar de historias de Valle-Inclán a García Martí’. Este é o novo espectáculo que nos ofrece a asociación Cultural Eiradela, que será presentado ó público este próximo sábado ás oito da tarde no teatro Elma. A proposta xurde ademais para homenaxear a dous dos escritores máis ilustres. O espectáculo mesturará teatro, música, canto e o baile tradicional, así como fotografía, xa que se proxectarán imaxes antigas, moitas delas dos propios fondos do museo Valle-Inclán. O espectáculo dará comezo ás oito da noite. A entrada será de balde ata completar aforo.
  • O GALP Ría de Arousa promove a reciclaxe entre os máis pequenos
    RIBEIRA> O Barbanza volverá acoller este ano numerosas actividades de sensibilización medioambientel promovidas polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Arousa. Os escolares serán os protagonistas destas xornadas que tratarán sobre a reciclaxe e a limpeza de praias.
  • Cinco colexios e unha asociación cultural colaboran no festival de Cáritas de Ribeira
  • Manuel ruíz recibe o broche dos bos e xenerosos
    RIBEIRA> A Asociación O Ferrado de Asados entregou o broche dos bos e xenerosos ó alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz. A entrega tivo lugar no acto de clausura da exposición ‘Primeira Década das Letras’ na biblioteca municipal.
  • A asociación Ondiñas Mainas reproduce Rianxo nun belén de ganchillo
    RIANXO> Este sábado inaugurábase en Rianxo o belén organizado pola asociación Ondiñas Mainas. Non se trata dun nacemento ó uso senón que está elaborado integramente con figuras de ganchillo e representa os personaxes e lugares máis senlleiros da vila.
HomeSUCESOSAperece o cadáver dun indixente nos portais dun baixo comercial en Boiro Top of Page

Síguenos en facebook