• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Erro
  • JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 481

Ferida grave unha condutora tras incrustrar o seu coche nun gardarraíl

Nov 26 Escrito por 
CALDAS>   Unha muller resultou ferida grave nun accidente rexistrado esta mañá na N-640 que une Caldas con Vilagarcía. O sinistro produciuse concretamente á altura da parroquia de Godos, na ponte sobre a vía do tren. Ó parecer o vehículo que conducía saíuse da vía e bateu contra a banda de protección viaria. O impacto resultou tan brutal que o gardarraíl atravesou o vehículo e foi preciso que os bombeiros excarceraran á condutora, única ocupante do vehículo. A gravidade do seu estado obrigou a mobilizar ó helicóptero medicalizado do 112 con base en Santiago, que evacuou á ferida ó Complexo Hospitalario da capital (CHUS).
Etiquetado como Caldas   
Publicado en SUCESOS
Modificado por última vez no Xoves, 26 Novembro 2015 12:17

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O concello de Caldas cederá un local ás mulleres embarazadas
    CALDAS> Insalubres e tercermundistas, así definen as mulleres embarazadas de Caldas de Reis, as instalacións nas que reciben o servizo da matrona. Levan anos sendo atendidas na antiga escola taller, ante a falta de solucións por parte do Serga. Esta mañá esixiron unha reunión urxente coa Consellería, contando co apoio do alcalde da localidade . É a descrición de só algunha das situación que padecen a diario as mulleres embarazadas de Caldas de Reis cando asisten ó servizo de matrona, desde hai anos ubicado na antiga escola taller. O deterioro do espazo é evidente nada máis entrar. Levan nove anos denunciando as pésimas condición nas que se atopa o local, e que segundo nos explicou esta mañá unha representante das mulleres, poden chegar a causar graves problemas ás pacientes. A esta situación, únese a falta de matrona titular en Caldas de Reis. As mulleres compareceron esta mañá acompañadas polo alcalde da vila, Juan Manuel Rey ,que se comprometeu a ceder desde este momento, como solución provisional, unha sala do centro comarcal da Tafona, con mellores condicións de salubridade. A través do alcalde, as mulleres solicitarán unha reunión de urxencia con responsables do Sergas. O acto rematou coa sinatura do propio alcalde apoiando a causa. De momento levan recollidas 2.140 firmas por “un embarazo digno” que entregarán no consistorio. Aínda que a elas lles quedan poucos días como embarazadas, aseguran que seguirán loitando polos dereitos das mulleres que veñan detrás.
  • Os festivos locais a consulta popular en Cuntis
    CUNTIS> O concello de Cuntis volve dar mostra da súa cultura democrática facendo partícipes ós seus veciños das decisións que se toman no consistorio. Nesta ocasión o motivo da consulta popular que se está a realizar, desde onte e ata o xoves. son os festivos locais. E como é habitual con este tipo de cuestións, aquí, tampouco hai consenso . Son algunhas das datas que se inclúen na papeleta coa que desde onte os veciños de Cuntis poden participar na Consulta Popular sobre os festivos locais para o 2018. E como ven, preguntando ós veciños do concello, non atopamos consenso. Na papeleta hai tres opcións, máis unha libre na que os cidadáns poden poñer outra preferencia. A votación comezou onte, e os veciños teñen ata o xoves a mediodía, para expresar a súa preferencia nas urnas ubicadas no concello e na oficina de Turismo, ou ben facelo telemáticamente. Non era a primeira vez que empregan este tipo de sistema para tomar decisións, xa o fixeron, telematicamente, para elixir a imaxe da oficina de Turismo, así como cos orzamentos participativos, onde poden opinar os veciños. E eles, encantados de facelo . Aínda, que non todos o ven do mesmo xeito. Haberá que agardar ó xoves, cando pechen as urnas e se contabilice o resultado, para coñecer qué días descansarán o próximo ano estes veciños. Aínda que algúns, de momento, teñan as súas dúbidas sobre a noticia…
  • O PP esixe un novo céspede para o campo das Corticeiras de Caldas
    CALDAS> O PP provincial urxe ó concello de Caldas e á Deputación de Pontevedra que substitúan o céspede no campo de fútbol das Corticeiras, neste municipio. O terreo de xogo xa ten dez anos e presenta un estado de deterioro moi avanzado. O Partido Popular pediu esta mañá á Deputación de Pontevedra e ó concello de Caldas que se poñan dacordo, pero que algún dos dous asuma a substitución da herba sintética no campo de fútbol das Corticeiras. A voceira do grupo provincial, Nidia Arévalo, a deputada Luisa Piñeiro e o presidente local do partido, Jesús Goldar, reuníronse con varios membros da directovia do club de Caldas para escoitar as súas demandas. Pero tamén, para poñerse a disposición á hora de esixir un terreo de xogo de calidade. Jesús Goldar sinalou que o céspede deste campo de futbol non serve prácticamente para nada. Os populares recordaron que hai dez anos que a Deputación gobernada polo PP colocou herba artificial neste campo, precisamente a vida útil que se garante para un uso intensivo do terreo. como é o caso de Caldas. A Deputada Luisa Piñeiro sinalou que hai zonas do terreo de xogo afundidas. Desde o PP provincial sinalaron que reclamarán nunha nova ocasión compromisos do bipartito cos campos de futbol de toda a provincia incluido o de Caldas.
  • "Móvete por Mozambique", a carreira solidaria dos alumnos do San Fermín
    caldas> “Móvete por Mozambique”, é o lema da carreira solidaria na que esta mañá participaron os alumnos do Colexio San Fermín de Caldas. A Carballeira do municipio acolleu esta actividade a favor da ONG “Emiliani”. Eles, estudantes do Colexio San Fermín de Caldas, explicábano perfectamente xusto antes de comezar a carreira esta mañá. A Carballeira do concello acolleu esta evento solidario organizado pola Congregación dos Pais Somascos, propietaria deste centro educativo, co obxectivo de doar fondos á súa ONG “Emiliani” para o Fogar de Menores que teñen en Beira, Mozambique. Sobre concienciación coñece ben o Pai Carlos. Despois de ser profesor neste colexio de Caldas, leva xa oito anos dirixindo a casa fogar de Mozambique. E ós rapaces e rapazas de Caldas quedoulle ben claro o obxectivo. E para iso, e poder estar á altura na carreira, houbo que adestrar durante a semana, Os obxectivos deportivos, máis que cumpridos, pero para o máis importante, para o financiamento, tamén foron os cativos os encargados de conseguir ós patrocinadores, e atopáronos moi preto deles.
  • Arquivada definitivamente a causa xudicial contra o alcalde de Caldas
    CALDAS> A Audiencia Provincial de Pontevedra arquiva de maneira definitiva a causa xudicial contra o alcalde de Caldas de Reis. Este mércores achegámonos ata o concello para coñecer de primeira man como recibiu o rexedor esta noticia.
  • Cuntis e Caldas traballarán conxuntamente para orientar laboralmente aos parados de ambos concellos
    CALDAS DE REIS> O concello de Caldas únese a unha iniciativa conxunta co concello de Cuntis, para favorecer a inserción laboral principalmente daqueles grupos de idade, que por diferentes circunstancias teñen máis difícil acceder a un posto de traballo. 
HomeSUCESOSFerida grave unha condutora tras incrustrar o seu coche nun gardarraíl Top of Page

Síguenos en facebook