• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Erro
  • JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 481

Araújo fillo elude o cárcere por trapicheo

Xan 27 Escrito por 
PONTEVEDRA> Julio Araújo, o fillo da parella sentimental de Sonia Iglesias, a pontevedresa desparecida en agosto do 2010, vén de aceptar tres anos de prisión por un delito contra a saúde pública, despois de que hai un ano fora sorprendido nun coche portando unha bolsa con case 190 gramos de cocaína. Os feitos remóntanse a febreiro do ano pasado, cando Araújo viaxaba como copiloto nun vehículo ó que a Policía dou o alto en Paradela, Meis. Víñano seguindo no marco dun operativo policial. Tras deter o coche, Araújo entregou el mesmo ós axentes a bolsa coa droga e nun rexistro posterior da súa vivenda en Vilagarcía os investigadores incautáronse dunha báscula de precisión. Malia que o Fiscal solicitaba inicialmente catro anos de cadea para o acusado, o feito de confesar os feitos permitiu unha rebaixa da petición de condena a tres anos, e tamén da multa, que dos 17.300 euros iniciais quedará en algo máis de 8.600. Aínda así, o mozo non irá ó cárcere. A Sección Segunda da Audiencia provincial accedeu a suspender a pena baixo o compromiso de Araújo de non volver cometer ningún delito nos próximos tres anos e completar o tratamento de desintoxicación que está seguindo. O pontevedrés ten aínda pendente outra conta coa xustiza, tamén por tráfico de drogas, e pola que aínda non se celebrou xuízo.  
Publicado en SUCESOS
Modificado por última vez no Mércores, 27 Xaneiro 2016 13:47

HomeSUCESOSAraújo fillo elude o cárcere por trapicheo Top of Page

Síguenos en facebook