• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Deteñen a catro veciños de A Illa por roubar a un taxista

Abr 01 Escrito por 
A ILLA> Catro mozos da Illa de Arousa, detidos como supostos autores dun delito de roubo con violencia a un taxista da vila.
Os feitos sucederon na madrugada do pasado 31 de xaneiro, cando tres mozos solicitaron o servizo dun taxi de Cambados para que os levara á zona de O Pozo. Cando o taxista sacou os cartos para darlles a volta, o que ocupaba o asento do acompañante sacoullo das mans. Os que ían detrás comezaron a berrarlle pedíndolle máis cartos e insultándoo. Tras un forcexeo, os mozos conseguiron fuxir co diñeiro, ao redor de 70 euros. A vítima presentou denuncia na Garda Civil de Cambados, e onte os axentes procedían á detención dos supostos culpables. Todos son veciños da Illa, de 19 e 20 anos, e non teñen antecedentes policiais. Os catro quedaron en liberdade coa obriga de presentarse ante o xulgado de instrución número catro de Cambados cando se lles requira.
Etiquetado como Salnés    Illa de Arousa    sucesos   
Publicado en SUCESOS

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Falece un motociclista nun accidente de tráfico en Bamio
    Un veciño de Cornazo de 30 anos, faleceu onte á noite tras resultar cohcar a súa motocicleta cun turismo á altura dos semáforos de Bamio , en Vilagarcía. O sinitros aconteceu pouco antes de medianoite, cando o motorista, Daniel Angustias, un mozo de 30 anos veciño da parroquia vilagarciá de Cornazo, colidía cun vehículo que realizaba unha manobra indebida neste cruce do Campanario, en Bamio. Os servizos de emerxencias de Vilagarcía asistiron ó lugar, pero o rapaz estaba gravemente ferido, e tras tentar reanimalo, finalmente faleceu no Hospital do Salnés. Ata a zona tamén se desprazaron efectivos dos Bombeiros do Salnés, Policía Local de Vilagarcía e unha ambulancia do 061. O outro mozo, o que conducía o vehículo, tiña 25 e era tamén veciño de Vilagarcía. Foi detido, como presunto autor dun delito de homicidio imprudente, e ó parecer, deu positivo en drogas, e carecía do permiso de conducir por perda de tódolos puntos. O lugar encheuse onte á noite de veciños desta zona que saíron asustados das súas casas. Esta mañá, aínda estaban conmocionados. Aínda así, os veciños deste cruce de Campanario, en Bamio, afirman que non lles sorprende que acontezan accidentes deste tipo, nesta zona de PO 549. Unha estrada na que os vehículos acadan unha gran velocidade . O falecido estaba casado e tiña unha filla pequena. O seu corpo será velado mañá pola tarde no Tanatorio de Arosa, e a continuación, celebraráse o funeral na Igrexa de San Pedro de Cornazo.
  • O goberno vilagarciá asegura que non se construirá un hotel no Ramal
    Volve a polémica a Vilagarcía arredor do proxecto de construción dun hotel na zona do Ramal, ó lado da praia da Concha. A Autoridade Portuaria retoma esta iniciativa ante a carencia, afirman, de prazas hoteleiras na cidade. O goberno local é rotundo, e dí que non permitirá unha nova barreira ó mar. Na rúa, atopamos opinións para tódolos gustos Non hai acordo á vista entre a Autoridade Portuaria de Vilagarcía e o goberno local. A entidade portuaria vén de retomar a súa antiga iniciativa da creación dun hotel nesta zona de cidade, o Ramal. Con este motivo volveu preguntar ó concello sobre a inclusión da cualificación urbanística desta parcela, de case 7.000 metros cadrados, no novo PXOM. A autoridade pediu así que se faga cumprir un convenio de 1998. Algo que o goberno actual de Vilagarcía asegura, que xa se fixo. O equipo de goberno actual, afirmounos que o concello respecta os intereses da autoridade portuaria, que non está non seu ánimo prexudicala ,pero sempre que isto non hipoteque o futuro da fachada marítima de Vilagarcía. O goberno local engade que o Plan Xeral de Ordenación Municipal xa ten un proxecto ideado para rexenerar esta zona da vila, sempre prensando en abrir a cidade ó mar. Unha solución prevista no novo PXOM que aínda está a espera de ser sometido a exposición pública. Mentres continúa a discrepancia entre as dúas autoridades, preguntamos na rúa ós vilagarciáns, e atopamos, variedade total entre a opinión dos veciños.
  • Os escaravellos conquistan Meaño
    Medio cento de Escaravellos asisten á terceira Concentración desde toda Galicia. Meaño acolleu tamén a visita de afeccionados lusos a esta cita do coche clásico. Ademais da ruta os asistentes gozaron dunha comida campestre. Meaño acolle esta fin de semana a terceira Concentración de Escaravellos do Salnés, unha cita automobilística que reuniu a un centro de vehículos deste mítico modelo da Volkswagen procedentes de diversas partes da xeografía galega, así como de fóra da comunidade . Unha cita que os amantes deste histórico modelo non quixen perder. Toda unha experiencia para os amantes destes escaravellos, unha paixón que vén de lonxe para a maioría. A actividade principal da xornada foi a ruta que seguiron o centro de vehículos participante, pero non foi a única. Rematada a terceira edición, os organizadores xa pensan na cuarta.
  • Sanxenxo recibiu hoxe as 'Q de Calidade'
    MADRID> Sanxenxo recibiu hoxe as 'Q de Calidade'. O tenente alcalde, Gonzalo Pita, e o concelleiro de Turismo Jesús Sueiro, recolleron en Madrid estes diplomas de recoñecemento da calidade turística, de man da Secretaria de Estado de Turismo, Matilde Asian. Un total de dez praias locerán este verán a bandeira 'Q de Calidade': Areas, Silgar, Baltar, Caneliñas, Canelas, Montalvo, Pragueira, Major, Areas Gordas e A Lapa. Estes areis foron revisados e certificados polo Instituto para a Calidade Turística Española, sometidos a auditorías que supervisan os procesos da dirección, a planificación e a organización de recursos, así como a xestión ambiental, o control e a mellora continua. Sanxenxo sitúase como o segundo municipio con máis Q de Calidade de España.
  • Música rock e unha andaina, novidades das Festas de Meis
    MEIS> O concello de Meis prepárase para arrincar con forza o mes de xullo. O municipio celebrará por todo o alto as festas de San Bieito, e entre o día 1 e o 11 acollerá a décima feira labrega, o primeiro festival BeniRock e o día máis agardado polos meisinos: a vixésimo sétima edición da Festa dos Callos. A música, as actividades para os máis cativos, procesións e misas tampouco faltarán nun programa máis que variado. Do 1 ao 11 de xullo o concello de Meis celebrará por todo o alto as festas de San Bieito. A programación arrincará o sábado 1 coa actuación do monologuista Isi. O día 2 toma o relevo unha das citas xa tradicionais: a Feira Labrega, que este ano cumpre a décima edición. Ademais da exposición de fotos antigas, este ano a organización incorpora unha novidade: haberá máis representacións teatrais e un grupo de regueifas amenizará a xornada. Pero esta non é a única proposta diferente a outros anos. O programa inclúe a primeira edición do Beni Rock, un festival de música rock que se celebrará o día 7 no campo da feira de O Mosteiro. Unha iniciativa que conta coa colaboración de varios hostaleiros do concello. O día máis agardado das festas chegará o domingo. Despois de que o sábado o protagonista sexa San Cristobo, o día 9 de xullo celebrarase a vixésimo sétima edición da Festa dos Callos. A organización preparará a mesma contía que en anos anteriores. Tamén manterá os prezos. Outra das citas máis populares, a BTT que se celebra o día da Festa dos Callos, estrea este ano a modalidade de andaina, para que sexa máis accesible a todos os públicos.
  • Cambados solta globos brancos contra a droga
    CAMBADOS> Os "Panos Brancos contra a droga" axitáronse esta mañá dende o concello de Cambados. A vila acolleu o acto da Fundación Galega contra o Narcotráfico, que reuniu a numerosos veciños e autoridades na praza do concello. Coa lectura dun manifesto, a solta de globos brancos e a sinatura dunha bandeira branca, amosaron o seu rexeitamento ás drogas. Globos, bandeiras, manifesto e ata música. Todo uniuse en Cambados para dar forma á celebración do acto Panos Brancos contra a droga, organizado pola Fundación Galega contra o Narcotráfico. A cita, que este ano coincidiu co Día Internacional contra a Droga, arrincou ás 11 da mañá coa lectura dun manifesto, que seguiron decenas de veciños que se achegaron ata a Praza do Concello. Nos actos tamén participaron os nenos que asisten ao campamento de verán organizado polo concello. Eles foron os encargados dunha solta de globos brancos. Tamén asistiron como representantes do futuro, e do importante que resulta a prevención na loita contra as drogas. O concello tamén despregou unha gran bandeira branca, na que ademais os asistentes plasmaron as súas sinaturas e desexos para esta loita contra as drogas. A proposta da Fundación Galega contra o Narcotráfico contou co apoio da Federación Galega de Municipios e Provincias, polo que moitos concellos penduraron tamén unha bandeira branca das súas fachadas.
HomeSUCESOSDeteñen a catro veciños de A Illa por roubar a un taxista Top of Page

Síguenos en facebook