• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Os detidos en O Vao, acusados de tráfico de drogas

Out 05 Escrito por 
PONTEVEDRA> Tráfico de drogas e pertenza a banda criminal. Estes son os dous delitos dos que a Garda Civil acusa aos dez detidos onte no poboado chabolista do Vao. Ata o de agora só catro pasaron a disposición xudicial en Pontevedra. Tras prestar declaración, tres quedaron en liberdade con comparecencias semanais. Para o cuarto, o xuíz decretou prisión provisional sen fianza.
  Trala redada de onte, a Garda Civil apunta que os dez detidos no poboado chabolista de O Vao son membros de dous clans familiares, considerados responsables da venda e distribución de drogas na zona. Durante o operativo de onte, que xa foi bautizado como Operación Voss-Candado, os axentes e varios cans rexistraron catro vivendas e dous galpóns. Actuacións que remataron coa incautación de 2.000 doses de heroína e 1.150 de cocaína, xa preparadas para a venda. Tamén seis básculas de precisión e substancia de corte. Ademais das drogas, nas vivendas localizaron dúas pistolas reais, dúas simuladas e unha escopeta de caza aparentemente inutilizada para disparar. Os axentes tamén localizaron diferentes obxectos dos que non se puido demostrar a súa procedencia, como televisores, video consolas, teléfonos móbiles, xoias, 7.000 euros en efectivos, tres furgonetas, dous turismos e unha motocicleta. Co operativo a Garda Civil da por desmantelados dous dos clans más influíntes na venda de distribución de drogas no poboado do Vao de Abaixo. Dos dez detidos, catro xa pasaron a disposición xudicial: tres quedaron en liberdade con comparecencias semanais e para o cuarto o xuíz decretou prisión provisional sen fianza.
 
Etiquetado como Pontevedra    o vao    redada    Garda Civil   
Publicado en SUCESOS
Modificado por última vez no Mércores, 05 Outubro 2016 19:00

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • 140 millón de euros para un Gran Montecelo "de todos e para todos"
    Pontevedra> Presidente da Xunta de Galicia, conselleiro de Sanidade e xerente do CHOP presentaron esta tarde o plan funcional de Montecelo. O Gran Montecelo converterase nun espazo que ocupará 118 500 hectáreas e contará con numerosas melloras. Entre elas, as urxencias estará unificadas para todos os ámbitos neste centro, haberá UCI pediátrica, radioloxía, as consultas externas pasarán de 227 a 280, nas urxencias de 61 postos a 117 e no número de camas pasarán de 600 a 720 das que o 60 por cento será individuais. O fin deste centro hospitalario é reoganizar os servizos e os profesionais para crear un hospital de futuro. O presidente pola súa banda amosou o seu compromiso firme e aposta por este Gran Montecelo. Un proxecto ao que se destinarán soamente en construcción 140 millóns de euros. Con estes traballos Feijóo asegurou que ten un contrato asinado coa Boa Vila. O alcalde de Pontevedra pola súa banda fixo un balance positivo deste proxecto funcional do que se queda co compromiso da Xunta de converter nunha realidade este Gran Montecelo. Uns traballos que comezarán previsiblemente a comezos do 2019, con esta previsión o Gran Montecelo convertirase nunha realidade no 2021.
  • Ata o 6 de agosto poden desfrutar da artesanía de Chalana
    Pontevedra> O paseo de Odriozola, en Pontevedra, acolle ata o 6 de agosto a décima edición da Feira Atlántica da Artesanía e do Deseño, Chalana 2017. Unha feira onde poderán atopar traballos artesanais en madeira, prata, coiro ou la. Aínda lles quedan moitos días por diante para desfrutar desta cita onde poderán atopar produtos moi orixinais.
  • Teconoloxía e patrimonio para un Tek Fest de vangarda
    Pontevedra> Do 25 ao 30 de setembro Pontevedra volverá a acoller unha nova edición do TEK FEST. Un evento que este ano terá como temática central a tecnoloxía e o patrimonio. O obxectivo desta cita é situar a Pontevedra na vangarda tecnolóxica.
  • Centos de persoas realizan a súa ofrenda a San Bieito de Lérez "o máis milagreiro"
    Pontevedra> Pontevedra viviu o seu festivo local, o seu San Bieito, con moito ambiente e actividade na cidade. O mosteiro acolleu a centos de persoas que lle realizaron ao santo as súas peticións, e mercaron o aceite milagreiro para curar as verrugas. Ao mesmo, tempo a playa fluvial de Lérez acolleu a romaría na que se reparte máis de 1500 kilos de mexillóns e outros tantos de empanada, todo de balde.
  • Pontevedra postúlase como candidata para acoller o Europeo de Loitas Olímpicas
    Pontevedra> A Federación Internacional de Loita visitou esta mañá as instalacións de Pontevedra para acoller o Europeo Junio de 2019. A cidade do Lérez é candidata oficial e compite con outras dúas localidades de Moldavia e Polonia. En marzo do 2018 saberemos qué lugar acollerá esta cita deportiva.
  • Comeza a preparación da décima edición de Culturgal
    Pontevedra> Os días 1-2-3 de decembro o Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá a décima edición do Culturgal. Unha edición especial que chegará dúas novidades, a primeira: a presenza de Portugal neste evento, e a segunda: a creación dun espazo expositivo de arte contemporánea.
HomeSUCESOSOs detidos en O Vao, acusados de tráfico de drogas Top of Page

Síguenos en facebook