• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Un falecido tras saírse o seu vehículo da vía en A Armenteira

Nov 28 Escrito por 
MEIS> Un falecido nun accidente na estrada da Armenteira, en Meis. O vehículo foi localizado esta mañá nun terraplén cun veciño da zona de 36 anos morto no interior. Os servizos de emerxencias non puideron determinar a que hora se produciu o sinistro. 
  Accidente con final tráxico na Armenteira. Este mediodía, un conductor daba a voz de alarma, tras localizar o vehículo accidentado nunha cuneta da estrada. O home deu aviso aos servizos de emerxencias, que desprazaron un completo dispositivo, incluíndo os bombeiros de Vilagarcía e Ribadumia e o helicóptero do 061. Os efectivos só puideron certificar a morte do condutor do coche accidentado, un veciño da Armenteira de 36 anos. Por causas que se descoñecen, o home perdeu o control do Peugeot 306 que conducía, saíuse da estrada e precipitouse por un desnivel. O vehículo estaba nunha zona de difícil acceso, polo que foi necesaria a intervención dos bombeiros para retirar o corpo do home e o coche. Os servizos de emerxencias tampouco puideron precisar o momento do accidente, e aínda se descoñece se se produciu durante a noite ou esta mañá.
   
Etiquetado como Salnés    Meis    Accidentes de tráfico    sucesos   
Publicado en SUCESOS
Modificado por última vez no Mércores, 18 Xaneiro 2017 19:11

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Ribadumia súmase á Semana Europea do Deporte
    RIBADUMIA> O concello de Ribadumia súmase á Semana Europea do Deporte que se celebrará xa a partir de mañá sábado. Sendeirismo, padel, actividades para nenos, zumba ou tenis de mesa son algunhas das actividades propostas nun programa, que terá no sábado 30 o seu día grande, coa celebración da Gala do Deporte. O concello de Ribadumia continúa coa súa aposta por inculcar o deporte á sociedade, xa desde nos veciños máis pequenos da casa. Por iso súmase á Semana Europea da Mobilidade cun programa chego de actividades, que comezarán xa mañá sábado 23 e rematarán o sábado 30. Unha diversidade de actividades deportivas para tódalas idades, que terán no mércores 27 o seu día destinado ós máis pequenos, con actividades nas que participarán máis de 250 nenos de 3 a 7 anos, grazas á colaboración do concello co CEIP Julia Becerra Malvar e o CRA de Ribadumia . O broche final chegará o sábado día 30 coa celebración da Gala do Deporte, que será conducida polo humorista Federico Pérez. Ademáis, Ribadumia completa a Semana do Deporte con xornadas de portas abertas no ximnasio municipal e no Club de Tenis de Mesa do concello, do 25 ó 29 de setembro.
  • As rúas de Cambados cambian os coches polo xogos tradicionais
    CAMBADOS> Devolver as rúas ás persoas e que formen parte da nosa vida diaria, como antigamente. É o que pretendía o concello de Cambados esta mañá, ó celebrar o Día Europeo Sen Coches, enmarcado na Semana Europea da Mobilidade. Os alumnos do instituto Francisco Asorey converteron a rúa cambadesa Isabel Segunda nun campo de xogos tradicionais, onde non había cabida para os vehículos . As rúas e prazas das nosas vilas eran antigamente espazos de encontro cos veciños, para charlar, xogar ou pasear. Co paso do tempo os coches apoderáronse das rúas, e o que busca o Día Europeo Sen Coches, que se celebra hoxe, pretende darlle a volta á situación. Pero porqué saímos hoxe a xogar á rúa? Ademais de coñecer xogos que non sospeitaban que existían, os nenos recibiron tamén a charla dun policía local para explicarlles o que simboliza o Día Europeo Sen Coches. Con motivo do día europeo sen coches o concello de Cambados tomou tamén outras medidas en prol da humanización da viola . E se lle consulta a eles, teñen claro o que prefiren
  • O xerente do CHOP ten claro que "a nova lei de saúde reforzará o papel dos hospitais da nosa comarca"
    Pontevedra> Dende a xerencia do Complexo Hospitalario de Pontevedra teñen claro que a nova lei de saúde que lanzan dende a Xunta de Galicia beneficiará tanto a cidade do Lérez como ao Salnés. Trátase , segundo José Ramón Gómez, dunha normativa que reforza o papel dos hospitais na nosa comarca.
  • Ravella conseguirá librarse do plan de axuste a comezos de 2018
    VILAGARCÍA> Vilagarcía poderá liberarse tres anos antes do previsto Plan de Axuste que fora aprobado polo anterior grupo de goberno. A medida permitirá que o concello evite unha suba anual do 2 por cento dos impostos ó cidadáns. O prazo do plan de axuste aprobado polo anterior grupo de goberno en Vilagarcía, liderado polo popular Tomás Fole, expira no ano 2020. Aínda así, desde Ravella aseguran que o concello poderá liberarse da débeda tres anos antes do previsto, neste mesmo ano. Pero en que consistía este plan de axuste? Pero o que lles interesa ós cidadáns é saber se esta liberación do plan terá unha consecuencia positiva para o peto dos vilagarciáns, e efectivamente é así. A débeda que mantiña o concello vilagarciá cos seus provedores en 2012 ascendía a 4,4 millóns de euros, a maioría pequenas e medianas empresas. E agora o goberno liderado polo socialista Alberto Varela, asegura que a correcta xestión das finanzas municipais permitiu que se xenerase un superavit que se destinará a amortizar o que queda pendente do crédito do 2012, que ascendía a 1,5 millóns de euros. Esta operación precisa do visto bo do pleno que se celebrará a próxima semana.
  • Os emigrantes retornados dín que a sentenza é unha vitoria, pero a guerra non está gañada
    VILAGARCÍA> A plataforma de Emigrantes Retornados do Salnés concentrouse esta mañá ás portas da sede de Facenda en Vilagarcía, para anunciar que gañaron unha batalla fronte ó gobernó español, a través dunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pero que aínda queda moita guerra para conseguir un trato xusto e igualitario para estes xubilados. Non é a primeira vitoria legal do colectivo, xa que en decembro do ano pasado explicaron que o Tribunial Superior de Xustiza de Galicia xa fallara que o Estado Español non pode cobrar polas pensións a quen traballase en Alemaña durante o periodo de vixencia do acordó bilateral España-Alemaña, sempre e cando xa paguen impostos no país xermano. Xa entón a Plataforma de Emigrantes Retornados do Salnés, anunciaba que interporía máis demandas similares no Alto Tribunal nos casos de que os afectados xa tributasen no seu país de orixen, aínda que éste non fose Alemaña. Nesta ocasión, a sentenza é favorable para Adelina. Unha vitoria que supón unha batalla legal gañada para Adelin, pero a plataforma esixe que esta situación sexa igual para tódolos emigrantes retornados sen ter que denuncar de xeito individual. Posto que ó ser sentenza do Tribunal galego non senta xurisprudencia, e por iso. continuarán coas súas peticións. O voceiro da Plataforma explicou esta mañá que son xa ducias as sentenzas que lles dan a razón, e non entenden a qué esperan para modificar a Lei 35/2006. Desde a Plataforma do Salnés aproveitaron tamén para anunciar que o próximo 13 de outubro haberá unha manifestación nacional por este motivo, que terá lugar na localidade ourensá de O Carballiño.
  • Caixabank colabora na loita contra a violencia de xénero con Amigos de Galicia
    VILAGARCÍA> Asesoramento xurídico, social e laboral a mulleres vítimas de violencia de xénero. É o obxectivo do programa Galicia en Igualdade, da Fundación Amigos de Galicia, que vén de recibir unha aportación de 24.000 euros por parte da Obra Social de La Caixa. 214 mulleres de toda Galicia, están a recibir, xa desde o ano 2010, apoio xurídico, social e laboral, a través do proxecto Galicia en Igualdade, da Fundación Amigos de Galicia, con sede en Vilagarcía. O director da Área de Negocio de Pontevedra reiterou o compromiso da Obra sOCial de La Caixa con este tipo de causas. Nesta ocasión a Obra Social de la Caixa aportou 24.000 euros a esta programa de Galicia en Igualdade.
HomeSUCESOSUn falecido tras saírse o seu vehículo da vía en A Armenteira Top of Page

Síguenos en facebook