• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

A piques de provocar un accidente

Feb 09 Escrito por 
As fortes rachas de vento provocaron esta tarde a caída de dun eucalipto sobre a Autovía que une Cambados e Vilagarcía.
Os ocupantes dun Audi A4 que viaxaba cara Cambados viuse sorprendido pola caída de dun eucalipto, namentres circulaba.  Por sorte as árbores caídas non eran moi grandes e o vehículo pasou por riba das súas ramas sen sufrir apenas danos.  Ata o lugar desprazáronse efectivos de Protección Civil e os bombeiros do parque comarcal do Salnés, quenes cortaron a árbore e limparon a estrada para evitar novos accidentes.            
Etiquetado como Accidente    Temporal   
Publicado en SUCESOS
Modificado por última vez no Xoves, 09 Febreiro 2017 19:32

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Feridas leves as dúas ocupantes dun turismo accidentado en Salmón
    RIBEIRA> Dúas mulleres resultaron feridas esta mañá nun accidente rexistrado na estrada provincial AC-550, á altura de Salmón, na parroquia ribeirense de Oleiros. O suceso producíase ó redor das once e media. Por causas polo de agora descoñecidas, o turismo no que viaxaban, un Renault Megane, acabou saíndose da estrada e volcado. Un grupo de veciños da zona foron os primeiros en socorrer ás vítimas. Posteriormente desprazáronse ata o lugar diversos efectivos de emerxencias como o grupo municipal e os bombeiros do Parque de Ribeira, así como unha dotación de tráfico que se encargou da regulación do tráfico mentres durou a intervención. Unha ambulancia encargouse de trasladar ás dúas mulleres ata o hospital da Barbanza, aínda que o seu estado non era grave.
  • Pouco e caro: o prezo do peixe cotiza a alza
    BARBANZA> O temporal no mar, que mantén a boa parte da flota amarrada, pode ser unha das principais razóns dese lixeiro incremento.
  • Meis únese ante os estragos de 'Kurt'
    MEIS> Unanimidade en Meis ante os estragos do temporal. A corporación municipal aprobou esta mañá en pleno extraordinario unha moción para definir a postura do concello ante esta situación. Instar a Xunta e Deputación para conseguir axudas para os afectados, asesorar aos veciños e investigar e sancionar o papel das compañías eléctricas, son os puntos que recolle a moción.
  • Morre un matrimonio sonense nun accidente de tráfico
    PORTO DO SON> O suceso tiña lugar ó redor das seis da tarde na estrada AC-550, no cruce existente a carón da igrexa parroquial. Consternación no Son polo falecemento dun matrimonioda localidade, María Manuela Ventoso Fernández, de 71 anos, e Manuel Martínez Martínez, de 89. O suceso producíase ó redor das seis da tarde na estrada AC-550, no cruce existente a carón da igrexa parroquial. Un camión de reparto de bombonas de butano, que circulaba en dirección a Noia, colidiu contra o vehículo no que viaxaba o matrimonio, que trataba de incorporarse á vía principal dende un ramal existente. O condutor do camión intentou, sen éxito, esquivar ó vehículo, e na manobra, acabou chocando tamén contra outro turismo que circulaba polo carril contrario. Xunto ó matrimonio falecido viaxaba tamén a súa neta, de dezasete anos, que resultou ferida de gravidade nun brazo, polo que tivo que ser trasladada a un centro hospitalario, aínda que a súa vida non corre perigo. Os outros ocupantes dos vehículos implicados na colisión, tanto o do camión coma o do outro turismo, non precisaron asistencia médica. Ata o lugar do suceso trasladáronse numerosos efectivos de emerxencias, entre eles do Parque Comarcal de Bombeiros, Protección Civil e Policía Local do Son, así como tamén Garda Civil de Tráfico e varias ambulancias do 061.      
  • O prezo das verduras polas nubes
      POBRA> O temporal e as nevadas que sufriu a península, sobretodo o Levante, nas últimas semanas disparou os prezos dalgunhas hortalizas e legumes. Nas prazas de abastos da comarca atopamos que a cabaciña, por exemplo, pasou de 50 céntimos a 5 euros o quilo.
  • O BNG esixe un expediente sancionador ás eléctricas
    RIBEIRA> O BNG esixe á Xunta un expediente sancionador para as compañías eléctricas tralos danos causados en milleiros de fogares durante o temporal da semana pasada. Representantes do Bloque no Barbanza volveron pedir esta mañá unha tarifa eléctrica propia para Galicia.  
HomeSUCESOSA piques de provocar un accidente Top of Page

Síguenos en facebook