• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Volven a casa os veciños desaloxados por un incendio

Mar 21 Escrito por 
PONTEVEDRA> Volven a casa os veciños que onte foron desaloxados tras un incendio nunha garaxe da rúa Santa Teresa de Jesús Jornet. A presenza de gases tóxicos obrigounos a pasar a noite fora das súas vivendas. Hoxe, tralas medicións dos bombeiros, puideron regresar aos seus fogares. Esta mañá xa puideron volver ás súas casas os veciños afectados polo incendio nunha garaxe da rúa Santa Teresa de Jesús Jornet. O local queimado almacenaba pinturas e disolventes, o que provocou a liberación de gases tóxicos. Segundo explicou Da Silva, os veciños non precisaron se realoxados polo concello, e todos pasaron a noite en casa de amigos e familiares. Hoxe, os bombeiros comprobaron que os niveis de toxicidade baixaran. No seu informe, os bombeiros tamén descartaron que o incendio producira danos graves na estrutura do inmoble.
Etiquetado como Pontevedra    incendio   
Publicado en SUCESOS
Modificado por última vez no Martes, 21 Marzo 2017 18:58

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Un escape de gas ocasiona un incendio na Caeira
    Pontevedra> Un escape de gas ocasiona un incendio na Caeira. Un veciño alertou ás 10 da mañá ao 112 dun incendio na rúa Río Oitavén número 9. O lume quedou sufocado ás 11:20 da mañá. Ata este lugar se desprazaron bombeiros do Salnés e de Pontevedra, Policía Local de Poio, Garda Civil, así como, unha ambulancia do 061, aínda que, afortunadamente, non houbo que lamentar ningún ferido.
  • 101 anos de traballo e de vida
    Pontevedra> O alcalde de Pontevedra entregoulle esta mañá un ramo de flores a Manuela Pazos, unha veciña da cidade que hoxe cumpre 101 anos. Ten 5 netos, 3 bisnetos e, nun mes, terá o seu primeiro tataraneto. Manuela di que o seu desexo, no seu día de aniversario, é poder ver e vivir nun mundo mellor.
  • O mellor waterpolo galego darase cita esta fin de semana en Pontevedra
    Pontevedra> O sábado 24 de xuño, as piscinas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, acollerá o campionato Galego Cadete Mixto de waterpolo. Unha cita que disputarán o Pontevedra, o Santiago, o Coruña e o Marina de Ferrol. O gañador desta competición irá directo ao Campionato Nacional.
  • Volve reactivarse o lume nunha carpintería no polígono de Xarás
    RIBEIRA> O incendio, que se iniciaba na tarde de onte, volveu reactivarse a primeira hora desta mañá. O incendio rexistrábase na tarde de onte nun silo de serrín nesta carpintería situada no polígono industrial de Xarás. Ata o lugar do suceso achegáronse efectivos dos parques de bombeiros de Boiro e Ribeira, así como tamén do Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal que estiveron traballando na extinción do incendio ata pasadas as once da noite. Aínda así, a primeiras horas desta mañá o lume reactivouse na mesma zona, polo que foi necesaria unha nova intervención dos equipos de emerxencia. No incendio non houbo que lamentar danos persoais, xa que á hora na que se orixinou o lume xa non había actividade no interior da nave. Polo de agora descoñécese tamén a súa posible orixe.
  • A Garda Civil reúne 2.000 litros de leite para o Banco de Alimentos
    PONTEVEDRA> "Ningún neno sen bigote". Esta é a determinación da Garda Civil de Pontevedra. A comandancia presentou esta mañá os máis de 2.000 litros de leite que conseguiron xuntar na campaña que puxeron en marcha, para garantir que os cativos das familias máis desfavorecidas teñan alimento tamén durante o verán. Na Comandancia de Pontevedra, a Garda Civil presumía hoxe dos resultados da súa campaña "Ningún neno sen bigote". Con 2.000 litros de leite conseguidos, axudarán a que os cativos das familias máis desfavorecidas teñan unha alimentación equilibrada tamén no verán, cando pechan os comedores escolares. A Benemérita decidiu sumarse á campaña organizada a nivel nacional pola Fundación La Caixa. Sumando unha tarefa máis, e moito máis gratificante, aos seus labores. Comercios, supermercados, particulares e incluso protectoras de animais colaboraron nesta campaña. Tamén os centros escolares. Non en van, os axentes aproveitaron en moitas ocasións as charlas que imparten aos nenos nos colexios para dar a coñecer a iniciativa. O leite foi entregado ao Banco de Alimentos, que se encargará agora de repartilo entre as familias máis necesitadas. Unha axuda que agradeceron ao Instituto Armado. Esta achega axudará á organización a manter o seu stock deste alimento, tamén no verán.
  • A recadación da 'Ponle Freno' destinarase a Pedaladas
    PONTEVEDRA> A Carreira Ponle Freno chega a Pontevedra. A cita, organizada polo Grupo Atresmedia, celebrarase o 1 de xullo, e busca promover a seguridade viaria. A recadación destinarase íntegramente á Asociación Pedaladas, para seguir adiante co proxecto “Ao INSTIen BICI”, para potenciar a educación viaria nos escolares. Pontevedra será o escenario da segunda carreira Ponle Freno. A cita naceu en Madrid no ano 2008 da man do Grupo Atresmedia, para concienciar da seguridade viaria. Dende hai dous anos percorre diferentes zonas de todo o Estado. A cita celebrarase o 1 de xullo, saíndo da praza de España ás 21.30. O percorrido será maioritariamente urbano, buscando que participe o maior número de corredores. As inscricións estarán abertas ata o 28 de xuño, a escoller entre dúas modalidades: 5 euros para os que opten polo percorrido de 5 quilómetros, e 10 para os que se animen co trazado de 10. O recadado destinarase íntegro á Asociación Pedaladas, para seguir adiante co seu programa “Ao INSTIenBICI”. A proba vén substituír á PonteNoite 5+5 no Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra, sendo a quinta puntuable.
HomeSUCESOSVolven a casa os veciños desaloxados por un incendio Top of Page

Síguenos en facebook