A Toxa na segunda posición de alugueres máis caros de España

O GROVE> Os alugueres da Toxa os segundos máis caros de toda España. A illa do Grove convértese nunha das zonas máis demandadas do país con alugueres de pisos que alcanzan os 1800 euros á semana. Só Puerto Banús en Málaga supera á illa das Rías Baixas.

As Rías Baixas crecen cada ano como destino dos turistas. A Toxa e Sanxenxo atópanse na lista das zonas máis caras e demandadas polos visitantes. Especialmente a illa do Grove, na que o aluguer dun piso pode chegar aos 1800 euros á semana. A Toxa sitúase como o segundo destino cas tarifas máis altas, só superada por Puerto Banús en Málaga. Os veciños da vila opinan sobre esta clasificación.

Ca chegada do Verán e do bo tempo as ocupacións hoteleiras e os piso de aluguer comezan a completase. As inmobiliarias do Grove tiñan hoxe a axenda completa para amosar os apartamentos que aínda están sen alugar.