• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
RIBEIRA> Inaugurada oficialmente a cuarta Feira da Educación de Ribeira que se desenvolverá ata o domingo. Unha trintena de expositores, instalados no auditorio municipal, amosan toda a oferta educativa do municipio.
LOUSAME> A cita será no campo de fútbol de Cabanetán, en Lesende, esta próxima fin de semana, o domingo 30 de abril e o luns 1 de maio.
LOUSAME> A actuación virá a mellorar a seguridade do tráfico na zona, ó tratarse dun dos puntos negros da rede viaria do municipio.
RIBEIRA> O BNG de Ribeira denuncia o mal estado de conservación da avenida das Carolinas e do Malecón, dúas das principais vías de acceso ó centro urbano. Xa que son titularidade de Portos de Galicia, esixen ó ente autonómico un maior esforzo no seu mantemento. No caso contrario, demandan a cesión ó concello.
POBRA> O BNG da Pobra demanda a solicitude dun obradoiro de emprego xuvenil enfocado ó sector do mar para o municipio. Esta moción, que se debaterá no pleno deste xoves, supón un paso máis nas políticas de promoción do emprego para a mocidade que está a desenvolver a formación nacionalista.
Luns, 24 Abril 2017 19:26

O Boiro fulmina ó Celta B

BOIRO> Os de Fredi, que foron moi superiores ó seu rival durante todo o partido, continúan coa fe da permanencia.
PORTO DO SON> Segundo os nacionalistas é un problema que se dá con bastante frecuencia no municipio, polo que instan ó equipo de goberno a dirixir maior investimento a mellorar o a rede municipal de saneamento.
BARBANZA> As cifras sitúan a esta comarca coma unha das máis relevantes dentro da oferta da nosa comunidade.
RIBEIRA> As investigacións iniciáronse xa no verán de 2015 no marco da denominada ‘Operación Sparrow 2’.
POBRA> O novo espazo complementará as necesidades dos usuarios no horario no que a biblioteca estea pechada.
BOIRO> Á falla de catro xornadas para o remate da competición os boirenses ocupan praza de descenso directo. Son décimo oitavos con 35 puntos.
BOIRO> Máis de trescentos escolares de Boiro de idades comprendidas entre os sete e os nove anos de distintos centros educativos tomaron esta mañá coas súas bicicletas as rúas do casco urbano. Tratábase da primeira Marcha Ciclista Escolar organizada polo equipo de educación vial da Policía Local e tiña como principal finalidade poñer en práctica os coñecementos adquiridos ó longo do curso nas clases. A marcha partiu ás once da mañá dende a propia Praza do Concello. Houbo dous percorridos, un para os mais pequenos, de pouco mais de un quilómetro, atravesando as rúas peonís, e outro máis longo, de cinco, que chegou ata Escarabote. Ataviados cos seus respectivos cascos e co seu flamante chaleco, que lle foi entregado pola organización a cada participante, disfrutaron dunha xornada fóra do habitual. Acompañando ós cativos no seu percorrido, o propio alcalde, Xoán Xosé Dieste, que non quixo perderse a convocatoria, e que mesmo encabezou a marcha durante case todo o percorrido.
Páxina 1 de 245
HomeSUCESOSMostrando artigos por etiqueta: Barbanza Top of Page

Síguenos en facebook