CALDAS> Unha unidade móbil do Centro de Transfusións de Galicia recalou esta xornada en Caldas, no marco da campaña de doazóns de sangue verán 2009.
{flowplayer}images/salnes/090709_doazon_caldas.flv{/flowplayer}
Ata estas inmediacións do Centro de Saúde, achegáronse varios veciños que quixeron colaborar con este sinxelo xesto nesta causa solidaria. A médica responsable desta unidade detállanos o proceso de doazón.
No marco desta campaña, o Concello repartiu ata o día de hoxe 1.500 tarxetas informativas polos fogares, para animalos a doar nesta xornada ante as importantes necesidades de reservas do Centro de Transfusións de Galicia especialmente no verán.
Caldas é un concello de referencia no eido da doazón de sangue; o ano pasado recadáronse un total de 659 doazóns, o que supón un índice superior nun 42 % ó básico recomendado pola Organización Mundial da Saúde. Esta campaña continuará ó longo do verán por douscentos corenta Concellos galegos.
Redacción Salnés