Catoira acolle o III Congreso Internacional de piragüismo

CATOIRA> Mañá dá comezo en Catoira o III Congreso Internacional de adestradores. A falta dunhas horas para o peche de inscripción son máis de 70 as persoas que xa están anotadas, moitas delas de fóra de Galicia e España.

Mañá ás catro da tarde inaugúrase oficialmente o III Congreso Internacional de Adestradores de Piragüismo en Augas Tranquilas. Un evento no que estarán presentes entre outras autoridades os presidentes das federacións española e galega, Juan José Román Mangas e Alfredo Bea.

Para o congreso xa hai uns 70 inscritos, máis da metade deles doutras comunidades autónomas de España e ata sete chegados dende Portugal.

A conferencia inaugural será impartida por Dr. Antonio Rial Boubeta a partires das 16:30. Nela analizaranase as razóns polas cales o piragüismo non é un deporte mediático en España aínda sendo un dos que máis éxitos e medallas aporta.

Ás 18:30 será o turno e Joaquín Dosil, que impartirá un taller para ensinar ós técnicos como motivar ós seus deportistas nos adestramentos.

As conferencias retomaranse o sábado ás 09:00 coa presencia de Dr. Armando Pancorbo. Máis tarde Lázaro Vidal amosará os últimos avances en xenética aplicada ó deporte. Pedro Miñarro, pechará o turno da mañá.

O adestrador do equipo nacional belga de kayak, Carlos Prendes, e o Dr. Alfonso Gutiérrez intervirán no turno vespertino.

O Congreso pecharase o domingo coas conferencias do adeastrador de Gran Bretaña, de orixe ucraniana, Alexander Nikanorov, que falará do novo reto que para técnicos e deportistas supón a distancia de 200 metros. Joaquín Delgado e Ángel Martín Pastor porán a clausura a este evento que coma sempre pecharase cunha comida e coa homenaxe ó técnico máis veterano do panorama nacional, Armando Prendes, que neste 2010 cumpre 80 anos.

Redacción Salnés