• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
SANXENXO> O concello de Sanxenxo, descontento coa xestión da Deputación de Pontevedra das obras da rúa Luis Rocafort. Esta mañá, o alcalde denunciaba que non recibira resposta á súa petición de facer 20 prazas de aparcadoiro en batería; unha solicitude que, ademais, trasladara a plataforma veciñal que se opoñía ao proxecto provincial. Gonzalo Pita insistiu en que el estará do lado dos veciños. Rompeuse a boa sintonía entre o concello de Sanxenxo e a Deputación de Pontevedra na reforma da avenida Luis Rocafort. Hai varias semanas, o alcalde trasladou ao organismo provincial a petición de facer 20 prazas de aparcadoiros en batería; solicitude que non tivo resposta. A proposta suporía a redución da beirarrúa de 6 a 4 metros no treito que transcorre entre o centro de saúde e o centro de Telefónica. Deste xeito, tamén se atendería á petición da plataforma veciñal que pedía máis aparcadoiros na zona, chegando ás 120 prazas. Tamén preocupa a dificultade que vehículos grandes, como autobuses, poden ter para entrar na rúa dende o paseo de Silgar. Por iso Pita pediu incorporar estes cambios, asegurou que o goberno local non vai consentir a paralización das obras, e recordou que as arcas municipais achegan o 30% do financiamento. Esta non é a única xestión da Deputación que non gusta ao goberno local. Tamén critican que case dous anos despois de facerse co executivo provincial, non haxa novas sobre o futuro da estrada de Dorrón. Por todo, o rexedor considera esgotada a vía diplomática. Pola súa banda, dende a Deputación de Pontevedra non quixeron facer declaracións.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCIA> A presidenta da Deputación de Pontevedra visitou este martes o Castro Alobre en Vilagarcía de Arousa, onde están a piques de rematar os traballos de consolidación previos a súa musealización. Unha visita que coincidiu en tempo e forma coa de outros "ilustres" veciños da vila, que acudiron ao castro para coñecelo máis de cerca.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
POIO> O deputado provincial David Regades visitou esta mañá a localidade pontevedresa de Poio para facer entrega ó alcalde de catro novos vehículos para o municipio. A cesión forma parte da inversión do Plan Concellos da entidade provincial nesta vila. Unha importante renovación para a flota municipal de Poio que sen dúbida era necesaria debido ó estado no que se atopaban xa os antigos coches do concello. Foi o que destacou o deputado provincial David Regades, esta mañá en Poio, durante a entrega de chaves ó alcalde que tivo lugar ás portas do concello. Esta dotación contou cunha inversión de preto de 630.000 euros do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. Cinco vehículos que dotarán ós veciños de Poio de mellores servizos en distintos ámbitos. O deputado provincial quixo destacara que en total neste 2017 a entidade aportou ó municipio de Poio 1 millón oito mil euros enmarcados dentro deste Plan Concellos. David Regades aproveitou a visita para coñecer de primeira man o resultado das obras realizadas na Rúa San Xoan, que contou cun investimento de 81.000 euros que saíron deste mesmo plan provincial. Nesta rúa de Poio as obras, que veñen de rematar tras un período de dous meses, melloraron ademais da accesibilidade, o saneamento, as conexións domiciliarias, ou a reposición do firme da estrada.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Mércores, 05 Abril 2017 19:12

O composteiro da Coca no centro da polémica

VILAGARCÍA> Unha especialista en compostaxe visitou esta mañá o parque de A Coca en Vilagarcía para explicar aos veciños do entorno en que consistirá o plan de compostaxe urbano que se instalará na zona. Unha iniciativa que non deixa indiferentes aos veciños, xa que hai un numeroso grupo de veciños que non ven con moi bos ollos esta iniciativa.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
RIBADUMIA> Os deputados provinciais do PP continúan coa súa rolda de denuncias sobre o abandono da Deputación de Pontevedra aos concellos pequenos. Estes xoves Nidia Arévalo, Salomé Peña e Luís Aragunde acudiron ao entorno da senda peoníl da Pedra e da Auga en Ribadumia, e dende alí solicitaron o ente provincial que continúe os proxectos iniciados na anterior lexislatura, encabezada por Rafael Louzán.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> O alcalde de Sanxenxo non pecha a porta a introducir cambios no proxecto da avenida Luis Rocafort. Gonzalo Pita asegurou esta mañá estar aberto a escoitar as opción sensatas, viables técnicamente e coherentes, e comprometeuse a trasladalas á Deputación. A Plataforma de afectados levou onte as súas protestas ao pleno municipal, co apoio de Partido Popular e o concelleiro non adscrito. A Plataforma de Afectados da Avenida Luis Rocafort levou onte a súa protesta ao pleno de Sanxenxo. Baixo o lema Beirarrúas si, aparcadoiros tamén, os veciños pediron explicacións ao goberno. Hoxe, o rexedor comprometíase a levar as demandas á Deputación. A demanda da plataforma é que a avenida conte con máis prazas de aparcadoiro, algo que onte contou co apoio de Partido Popular e concelleiro non adscrito. Xuntos aprobaron onte unha moción para obrigar ao tripartito a negociar estas modificacións. Nesta interpretación política volveu coincidir o vicepresidente da Deputación. Para César Mosquera, as protestas son unha manobra do Partido Popular. Así as cousas, asegurou que o alcalde de Sanxenxo ten as portas do Pazo Provincial abertas. Sobre o regulamento dos aparcadoiros, Mosquera asegurou que se trata dunha competencia do concello. Pola súa banda, Pita comprometeuse a buscar os mecanismos necesarios para evitar que o mesmo vehículo quede aparcado nunha praza durante todo o día.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
PONTEVEDRA> Turismo Rías Baixas quece motores para dar un paso adiante no seu traballo de promoción do destino. Baixo o lema “Moito que descubrir” e coas matrioskas como imaxe, a Deputación ofrece razón para festexar, saborear, camiñar e descubrir o destino en catro eixos: os seis camiños a Santaigo, os Festivais Rías Baixas, o enoturismo e a calidade dos establecementos. Que nas Rías Baixas queda aínda moito por descubrir, é a idea coa que o destino quere abrirse ao mundo. As bonecas rusas matrioskas comporán a imaxe da campaña, transmitindo unha mensaxe de amizade, acollida e descubrimento. A Deputación dá razóns para festexar, saborear, camiñar e descubrir o destino, a través de catro eixos: os Festivais Rías Baixas, o enoturismo, os camiños de peregrinación a Santiago e a excelencia das empresas turísticas. En cifras, seis rutas de peregrinación a Santiago atravesan 33 concellos pontevedreses, e durante o 2016 foron preto de 65.000 persoas as que as percorreron. Os sete Festivais Rías Baixas xeraron un impacto económico de 15 millóns de euros, crearon 1.500 postos de traballo e contaron cunha asistencia de máis de 200.000 persoas. Ademais, 29 concello teñen cultivos e actividade vitivinícola e enoturística, e 203 empresas xa contan co distintivo de calidade SICTED. Precisamente, a Deputación organizará actos promocionais en Vigo, Madrid, Lisboa e Porto, ademáis de coordinar eventos coas Casas de Galicia que se atopan no estranxeiro.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> “Con A de Astrónomas” é a nova exposición que ocupa o hall do Pazo Provincial. A mostra está composta de varios paneis que recollen a evolución da astronomía e a importancia das mulleres no seu desenvolvemento. No marco da inauguración celebrouse ademáis unha conferencia a cargo da comisaria da exposición, á que asistiron preto de 160 rapaces de institutos pontevedreses. Reflectir o papel da muller na evolución da astronomía e reclamar o seu peso, é o obxectivo da mostra “Con A de Astrónomas”. A exposición fai unha escolma de traballos de profesionais, dende Aglaonike ou Caroline Herschel ata as mulleres que actualmente se dedican a este eido. A inauguración da mostra estivo precedida dunha conferencia da súa comisaria, Josefina Ling. A experta explicou a realidade que se recolle na exposición a preto de 160 rapaces dos institutos A Xunqueira II e Luís Seoane. A escolma que se pode visitar no Pazo Provincial correspóndese coa mostra “Con A de Astrónomas” que acolle a Casa das Aretes de Vigo.
Publicado en PONTEVEDRA
> Para a presidenta da Deputación de Pontevedra, o PP tense convertido nun partido de hooligans. Carmela Silva valoraba así a campaña iniciada dende a formación provincial, que están a colgar carteis para denunciar a paralización de proxectos da administración que ela preside. Traballos que, segundo Silva, son ilegais. Hai unhas semanas o Partido Popular de Pontevedra puxo en marcha unha campaña: están a colgar carteis para denunciar a paralización de proxectos por parte da Deputación de Pontevedra. Unha medida que sorprende á presidenta provincial. Os populares colgaron o primeiro destes carteis en Meis pola paralización da urbanización dunha estrada. Esta semana fixeron o mesmo na variante de Rebón, en Moraña, paralizada en xullo. Silvan tamén apuntou que estes carteis estánse a colgar se permiso, e situou esta acción n aliña dos escraches que, asegurou, convocaron os populares en varios plenos. Como exemplo, Carmela Silva referiuse á Pousada da Ribadumia, paralizada por estar construída nun terreo propiedade do Arcebispado, que impide ao concello conceder a licenza.
Publicado en PONTEVEDRA
MORAÑA> Membros do Partido Popular provincial visitaron este mércores a estrada Rebón, na parroquia de O Vexildo, pertencente a Moraña. Alí charlaron con varios veciños afectados pola paralización da variante de Rebón, que estaba aprobada na anterior lexislatura da Deputación de Pontevedra, e que actualmente a administración provincial suspendeu, segundo din dende as filas populares sen ningún tipo de explicación.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
PONTEVEDRA> Pontevedra recordará este sábado a un dos seus gaiteiros máis ilustres. Xunta, Deputación e os concellos da capital e de Cerdedo-Cotobade irán da man para conmemorar o vixésimo quinto aniversario do pasamento de Ricardo Portela. Un aniversario que ademáis vén acompañado do lanzamento do disco Aires de Pontevedra, no que o gaiteiro Óscar Ibáñez homenaxea ao músico. Este ano cúmprense 25 do pasamento do gaiteiro Ricardo Portela. Unha efeméride que nin a súa terra natal, Cerdedo-Cotobade, nin a adoptiva, Pontevedra, nin Xunta nin Deputación, quixeron deixar pasar. O venres 24, Cerdedo-Cotobade acollerá ao mediodía unha ofrenda floral no busco do gaiteiro da praza do concello. O 25 será a quenda de Pontevedra, con pasarrúas e coa presentación dunha placa conmemorativa na rúa Laranxo, na casa onde vivía. A partires das 9 da noite, o teatro principal acollerá unha gala homenaxe, na que se presentará o disco ‘Aires de Pontevedra. Homenaxe a Ricardo Portela 25 Aniversario Pasamento’, do gaiteiro Óscar Ibáñez. No disco Ibáñez contou coa colaboración de músicos que tocaran con Ricardo Portela, e gravou todas as pezas coa gaita do recoñecido gaiteiro.
Publicado en CULTURA
PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra abrirá unha liña de axudas para pór en valor zonas especiais dos montes da provincia. O obxectivo é recuperar para o desfrute público as áreas que teñan un especial valor coa creación de parques forestais. A liña, á que poderán optar todos os concellos pontevedreses, conta cun orzamento de 1 millóns 200 mil euros. Mellorar os montes mediante a creación de parques forestais. Este é o obxectivo que persegue a Deputación de Pontevedra, poñendo en valor áreas para o desfrute dos veciños. A liña conta cun orzamento de 1,2 millóns de euros, aos que poderán optar os municipios presentando as solicitudes nun prazo de dous meses. Os concellos actuarán como garantes do uso público, polo que terán que asinar previamente convenios coas comunidades de montes. Nestes acordos, cederán o uso aos municipios. As bases tamén consideran un prazo mínimo de cesión dos terreos de 20 anos e que as actuacións se executen nun mínimo de 50 hectáreas. Todos requisitos que buscan garantir o mantemento da actuación e o acceso ao espazo ao público xeral, pero que dificultan os trámites.
Publicado en PONTEVEDRA
Páxina 1 de 25
HomeSUCESOSMostrando artigos por etiqueta: Deputación Pontevedra Top of Page

Síguenos en facebook