• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Último día das celebracións da Semana Santa e aínda festivo nalgúns concellos das Rías Baixas, como é o caso de Meis. Esta mañá nos arredores do Mosteiro da Armenteira, milleiros de fieis e visitantes quixeron unirse á celebración da súa tradicional Romaría das Cabezas. Unha festividade na que a relixión e a troula comparten cartel. Dín que quita os males de cabeza…e por iso, por se acaso, hai que vir cada luns de Pascua a esta Romaría da Armenteira, en Meis. A tradicional xornada comeza a primeira hora da mañá, cando veciños e foráneos empreden a camiñata para chegar ata o Mosteiro da de Santa María da Armenteira, na ladeira do Monte Castrove. Unha peregrinación na que participan veciños de tódalas idades, representantes políticos, devotos ou calquera visitante con ganas de coñecer unha das romarías máis multitudinarias do Salnés. Seguindo a Ruta da Pedra e da Auga, chegamos ó destino, convertido nun fervedoiro de xente onde atopamos romeiros chegados de todas partes do mundo. E é que motivos para vir á Romaría das Cabeza, hai dabondo. Trala misa solemne, chega o momento máis emotivo, a procesión na honra á Virxe. Ogallá cumpra as peticións de cada fiel a Nosa Señora. Pero fieis tamén os hai cada ano, ós postos de polbo e churrasco que rodean sempre o mosteiro. Xa escoitaron, unha cousa é velo pola televisión, e outra vivilo en persoa. Téñano en conta para o próximo luns de pascua…Romaría das Cabezas, na Armenteira.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
A variante espiritual do Camiño Portugués xa conta cun albergue público na Armenteira, en Meaño. Esta mañá diversas autoridades visitaron as novas instalacións e inauguraron oficialmente o espazo, que ten capacidade para 32 peregrinos. A variante Espiritual do Camiño de Santiago ten cada vez máis adeptos, e a partir de agora, 32 peregrino poderán pasar a noite no novo albergue ubicado na Armenteira, en Meis. Os traballos consistiron na habilitación da planta baixa desta edificación, adaptándoa para albergar ós camiñantes. O presidente da Fundación Amigos do Camiño Portugués destacou que hai anos que se traballa duro para conseguir levantar este albergue, tan necesario para a promoción desta variante do camiño e da zona da Armenteira. Para o portugués Antonio Devesa, presidente da Asociación de Espazos Xacobeos, esta inauguración reflexa a unión que existe entre Galicia e Portugal, que ten no camiño portugués a súa máxima expresión espiritual. O presidente en funcións da Mancomunidade do Salnés subliñou o traballo que hai detrás desta variante do Camiño Portugués, e a riqueza que esto xenera.As obras de realización do albergue, foron financiadas cunha partida de 72.000 euros do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. O deputado provincial destacou.Oalcalde de Meis explicou que o albergue está dedicado a Antonio Martínz Vilas, o primeiro que hospedou ós peregrinos de Santiago neste espazo. O desexo que se transmitiu esta mañá na inauguración oficial é que este albergue sexa un punto de comezo para que a partir del poidan xurdir hospedaxes e servizos que complementen ó albergue, e así impulsar a riqueza turística e paisaxística do camiño portugués e súa variantes espiritual.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
CAMBADOS> Cambados formará parte xunto con Ribadumia e Meis, do primeiro Plan de Igualdade de Oportunidades, que se organiza dende o Centro de Información a Muller da Mancomunidade de O Salnés.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Luns, 13 Febreiro 2017 19:02

Meis únese ante os estragos de 'Kurt'

MEIS> Unanimidade en Meis ante os estragos do temporal. A corporación municipal aprobou esta mañá en pleno extraordinario unha moción para definir a postura do concello ante esta situación. Instar a Xunta e Deputación para conseguir axudas para os afectados, asesorar aos veciños e investigar e sancionar o papel das compañías eléctricas, son os puntos que recolle a moción.

Información adicional

  • Subtítulo

    A corporación vota de xeito unánime unha moción para instar ás administracións na procura de axudas.

Publicado en SALNÉS - CALDAS
MEIS> E mentres as administracións buscan solucións para paliar a situación, os veciños máis afectados continúan traballando para intentar volver á normalidade. É o caso de Ana María Vicente, veciña de Meis e propietaria dunha das vivendas máis afectadas polo temporal. Hoxe nos explicaba que aínda non foi quen de pararse a valorar os danos que sufriu a súa propiedade.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
MEIS> Administracións e veciños continúan avaliando os danos que deixaron os temporais de finais da semana pasada. Esta mañá, o delegado da Xunta en Pontevedra visitou varias zonas do concello de Meis, un dos máis afectados polo vento e a chuvia de 'Kurt'. José Manuel Cores Tourís comprometeuse a buscar o xeito para axudar aos máis afectados, e pediu a colaboración da Deputación de Pontevedra.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
MEIS> Tres días despois do paso do forte temporal que azoutou o venres a comarca de O Salnés, goberno local e afectados continúan facendo balance dos danos. Segundo o alcalde, os estragos están a ser avaliados por técnicos do concello, que non descarta levar a situación á Xunta e pedir a declaración de zona catastrófica. Esta mañá os veciños continuaban traballando para volver á normalidade despois do forte temporal que azoutou o concello de Meis o pasado venres, o máis afectado polos efectos de Kurt e Leiv. Especialmente duros foron os efectos en San Martiño de Meis e no seu entorno, zona cero do temporal. Sobre todo destacan o fenómeno eólico que se deu entre as 4 e media e as 5 da madrugada do venres. Ante esta situación, o concello está a estudar a posibilidade de solicitar que Meis sexa considerado 'zona catastrófica' por parte da Xunta de Galicia. Así o concello avanza nas xestións para conseguir que Meis volva á normalidade.
 
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SALNÉS> O temporal de vento e chuvia da pasada noite deixouse notar fortemente en O Salnés, onde causou numerosos estragos en sinais, casas e espazos naturais. Hoxe estivemos en diferentes puntos da comarca, pero as imaxes máis impactantes captáronse na praia de A Lanzada, onde o vento tempestuoso arrincou parte dunha pasarela de madeira, que fora recentemente colocada.
 
Publicado en SALNÉS - CALDAS
MEIS> O Campo de Golf de Meis presenta unhas contas saneadas ao peche de 2016. Así o desprenden as contas de 2016, nas que ademais se reflexa que a entidade tivo uns beneficios superiores aos 30.000 euros no pasado ano. 
Publicado en SALNÉS - CALDAS
MEIS> Un falecido nun accidente na estrada da Armenteira, en Meis. O vehículo foi localizado esta mañá nun terraplén cun veciño da zona de 36 anos morto no interior. Os servizos de emerxencias non puideron determinar a que hora se produciu o sinistro. 
Publicado en SUCESOS
MEIS> Sete encapuchados asaltaron esta fin de semana unha empresa en Vilanoviña, no concello de Meis. Os asaltantes entraron na parcela de Iluminaciones Umia na madrugada do domingo, e levaron material por valor duns 200 mil euros.
Publicado en SUCESOS
Venres, 23 Setembro 2016 11:06

Mar de Frades ultima a vendima 2017

MEIS> Unhas que comezan e outras que xa están a piques de rematalos. É o caso da adega Mar de Frades. Xa hai dúas semanas que comezaron coa recolección da uva, sendo incluso os máis madrugadores da comarca de O Salnés. Estes días, a uva seguía chegando á adega.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Páxina 1 de 4
HomeSUCESOSMostrando artigos por etiqueta: Meis Top of Page

Síguenos en facebook