• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
MUROS> O executivo muradán aprobou os orzamentos para o presente ano que ascenden a máis de sete millóns de euros.
MUROS> A súa presentación, así como a dos membros que integran a agrupación, tiña lugar na noite de onte, nun acto que estivo presidido polo secretario provincial do PP na Coruña, Diego Calvo. Na súa intervención Vázquez Rama mostrouse ilusionado e con moitas ganas de iniciar unha nova etapa, centrada no optimismo e na dinamización do partido en Muros, poñéndose xa coma reto, a curto prazo, os vindeiros comicios europeos. O novo presidente da xestora do PP muradán criticou tamén a actitude caciquil da alcaldesa, Caridad González, que segundo el goberna en minoría e actúa como se o concello fora da súa propiedade. Pola súa banda o secretario provincial do PP na Coruña, Diego Calvo, destacou que a nova agrupación, nace co obxectivo de aglutinar a tódolos populares de Muros e de traballar para que os cidadáns deste concello sigan confiando no seu proxecto político.
MUROS> O executivo muradán confía en que as obras de remodelación da praza do concello que se están a levar a cabo actualmente poidan estar rematadas antes do Nadal.
MUROS> A alcaldesa de Muros, Caridad González, visitou esta mañá o centro de día localidade na xornada de portas abertas, no día previo á apertura das instalacións.
Martes, 12 Novembro 2013 18:37

Daniel Formoso; novo presidente do GAC 4

MUROS> O patrón maior de Muros foi elixido presidente do Grupo de Acción Costeira número 4, que engloba as confrarías de Fisterra a Porto do Son.
MUROS> Cortada en anacos. Así rematou o seu periplo a balea branca que varou en Louro o domingo pasado e, horas despois, o mar levou ata Tal, ámbalas dúas parroquias do Concello de Muros.
Un grupo de emigrantes retornadas da comarca de Muros – Noia veñen de constituírse en plataforma para evitar o pago das contías que lle reclama a Axencia Tributaria polas pensións que reciben do exterior.
As vistas dende o monte Enxa daban idea da magnitude dos lumes que cercaron as poboacións da comarca de Muros Noia. O primeiro deles iniciábase a pasada tarde en Negreira onde o forte vento favoreceu a súa propagación. Xa pola noite era no concello de Carnota onde saltaban tódalas alarmas cun incendio sen control iniciado nunha zona de difícil acceso do Monte Pindo.
Páxina 15 de 15
HomeSUCESOSMostrando artigos por etiqueta: Muros Top of Page

Síguenos en facebook