• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
MUROS> A nova foi moi ben acollida polo executivo muradán que dende hai tempo viña demandando o arranxo da infraestutura.
MUROS> A voceira socialista de Muros amósase moi crítica coa xestión do actual goberno municipal. No seu paso polo programa de entrevistas Pleno Aberto,Caridad Gonzáleztendeu a man para a conformación dun goberno alternativo. Di, sen embargo, que esta decisión correspondería ó PP como líder da oposición.
MUROS> O BNG insta á Xunta de Galicia a retirar as gaiolas experimentais de salmón da ría de Muros. Entenden que, caducada a concesión e fracasado o proxecto, tan só procede quitar estas estruturas, tres anos despois da súa instalación.
MUROS> Ó tempo que xa está en marcha o proceso de selección para a contratación de dous auxiliares da Policía local, a xunta de goberno de Muros vén de aprobar as bases para a selección de doce traballadores para as brigadas contraincendios e oito para limpeza de praias. Nas próximas semanas publicarase tamén a oferta para a selección de dous informadores turísticos que podería verse incrementada á espera da concesión dunha nova subvención. Dende o concello tamén están pendente da axuda da Deputación da Coruña para a contratación de persoal que permita reforzar determinados servizos municipais durante o verán.
Publicado en portada
MUROS> O casco histórico de Muros verase, por fin, liberado do cableado que afeaba algunhas das zonas máis emblemáticas do municipio. A compañía telefónica realizou unha proposta para o soterramento das liñas aéreas.
MUROS> O PP de Muros esixe ó goberno municipal a baixada urxente do Imposto sobre Bens Inmobles, en cumprimento do acordo plenario acadado en novembro do pasado ano.
MUROS> A alcaldesa, María Xosé Alfonso, pretende aumentar o número de postos actuais para mellorar a oferta existente, así como desenvolver actividades coa finalidade de atraer a novos clientes.
MUROS> A piscina de Muros reabría ó público tras máis de medio ano pechada polos problemas de filtracións que afectaban á cuberta. Ata mediados de mes, a entrada ó recinto será de balde e os socios tan só deberán aboar a metade da mensualidade.
MUROS> O concello de Muros busca financiamento para a reparación do paseo marítimo de Esteiro que se atopa moi deteriorado. A alcaldesa mantivo un encontro co xefe da Demarcación de Costas en Galicia quen se comprometeu a estudar a demanda do cambio das travesas de madeira do paseo.
MUROS> O concello de Muros e a Deputación da Coruña buscarán fórmulas de colaboración para ampliar a estrada de Abelleira a Paxareiras. A alcaldesa muradá mantivo un encontro co presidente da administración provincial para plantexarlle a necesidade de incrementar o ancho desta vía altamente transitada.
MUROS> O concello de Muros establece o galego como lingua preferente na administración local. O pleno aprobou, cos votos a favor de Compromiso por Galicia e o BNG, e as abstencións do PP e PSOE, un regulamento para a promoción e normalización do galego sen excluír o castelán.
HomeSUCESOSMostrando artigos por etiqueta: Muros Top of Page

Síguenos en facebook