09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
NOIA> Iniciadas as obras de consolidación da antiga fábrica da Chaínza, en Noia. Mentres se desenvolven os traballos iniciais, o executivo traballa xa na busca de financiamento para a reforma integral deste inmoble que se destinará a diversos usos culturais e turísicos.
NOIA> O pavillón municipal de Noia acollerá este domingo unha Gala Benéfica de Patinaxe. Tódolos fondos recadados a través dos donativos destinaranse ó proxecto educativo que desenvolve Manos Unidas en Tánger.
LOUSAME> Os dous eventos deportivos a celebrar o 30 de decembro terán ademais un carácter solidario, xa que todo o recadado irá a parar á Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva. Lousame acollerá o próximo 30 de decembro dúas probas nas que se mestura deporte, natureza, patrimonio e solidariedade. Será na primeira edición do trail e da andaina San Silvestre Lousame-Minas de San Finx. A andaina terá lugar pola mañá, e o trail desenvolverase pola tarde. En ambos casos, o percorrido será duns 16 quilómetros, con saída no poboado das Minas de San Finx e meta no polideportivo Pilar Barreiro Senra. Dende o Concello fixeron un chamamento á participación nestas dúas probas, que servirán ademais para dar a coñecer a beleza do municipio. Ademais as dúas probas terán un carácter solidario, xa que todo o recadado polas inscricións, 5 euros pola andaina e 12 polo trail, irá destinado integramente á Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva. As inscricións tanto para a andaina como para o trail poden realizarse a través da web www.emesports.es. O prazo rematará o martes 26 de decembro. Dende a organización agradeceron a implicación dos patrocinadores destas dúas probas, xa que sen a súa colaboración sería impensable poder levalas a cabo.
PORTO DO SON> O alcalde considera que é unha das máximas prioridades de cara ó vindeiro ano. A pesar das chuvias caídas estes días, son moitos os concellos que seguen a padecer os problemas derivados da seca. Un exemplo témolo en Porto do Son. Neste Concello o executivo estuda a realización á máxima urxencia posible de dous proxectos de cara a mellorar o actual servizo de abastecemento, e evitar que a situación se converta en crítica para o ano que vén. As dúas solucións serían custosas e precisaríase a implicación doutras Administracións. Por unha banda traer a auga dende os depósitos que o concello veciño de Ribeira posúe en Moldes. A outra solución viría da captación de auga do río Tambre. Unha actuación esta última de carácter comarcal e que serviría ademais para mellorar o servizo noutros concellos da zona como son Noia, Lousame ou Outes. Este pasado verán o Concello viuse obrigado a ter que tomar medidas extraordinarias ante a escaseza de auga, como cortar a auga das duchas nas praias ou reducir o rego nas zonas axardinadas e os baldeos de rúas. Aínda así a situación non se limitou unica e exclusivamente ós meses de verán e mesmo houbo que abastecer de auga con camións cisterna a varias vivendas da parroquia de San Pedro de Muro. Dende o BNG criticaron a mala xestión que está a realizar o equipo de goberno desta situación e da necesidade de recuperar a auga do río Sieira, da que actualmente se aproveita o Concello de Ribeira. A voceira desta formación política, Ánxela Franco, considera que a medida podería dar solución precisamente ós veciños da parroquia de San Pedro de Muro.
NOIA> A campaña marisqueira de Noia preséntase como unha das melloras dos últimos anos. Polo momento, a facturación xa supera ó total do exercicio anterior. Todo iso, a pesar do peche pola toxina que se prolongou case un mes e á espera de contabilizar os beneficios que deixará a campaña de Nadal.
NOIA> Cáritas de Noia atenderá a máis de trescentas persoas durante esta Nadal. A campaña de recadación de fondos e de recollida de alimentos destas datas supón un reforzo da actividade que desenvolven durante todo o ano. Neste 2017 levan repartidas trinta toneladas de alimentos e catro de roupa.
NOIA> O concello dará mañá venres o pistoletazo de saída ás actividades de Nadal co acendido do alumeado. A concellería de Cultura noiesa deseñou un amplo e variado programa de actividades para estas datas de Nadal. A maioría delas estarán dirixidas ós máis pequenos da casa, tratando de conciliar a vida familiar e laboral Obradoiros, teatro, cine ou música terán tamén o seu protagonismo, destacando o Festival Benéfico de Cáritas e Cruz Vermella previsto para o sábado 16, ou os concertos do Coro Infantil e Xuvenil ‘Cantabile’ da Coruña o domingo 17 e da Banda de Música Municipal acompañada do Coro IES Virxe do Mar do venres 22. Apartado especial terá tamén a Cabalgata que sairá este ano ás seis da tarde. Dende o Concello anímase ós veciños a participar na comitiva.
NOIA> Patrimonio vén de dar luz verde ó concello de Noia para que se retomen as obras do novo Museo do Mar. O alcalde, Santiago Freire, informou de que a Administración Autonómica resolveu de xeito favorable, polo que se poderá seguir coa construción. Iso si, na actuación deberá manterse un especial coidado cos restos arqueolóxicos atopados.
NOIA> Desprazámonos agora ata a aldea de Taramancos, en Noia, onde os veciños veñen de montar un orixinal belén. Animais vivos e vistosas figuran compoñen este nacemento, instalada nun alpendre do lugar.
NOIA> A formación celebrou esta pasada fin de semana unha cea á que asistiron militantes e simpatizantes da formación. Máis de 250 persoas, na súa maioría militantes e simpatizantes do NO.I.A., asistiron no restaurante o Trapeiro a unha cea-reunión, que serviu para facer balance destes algo máis de dous anos de goberno e recoller tamén de primeira man as principais demandas e necesidades do municipio. Durante o acto aludiuse a un feito que marcou, sen dúbida, o actual mandato, como foi a moción de censura que levou ó PP, co seu apoio, á fronte da alcaldía. Na xuntanza púxose de manisfesto tamén a súa intención de presentarse como forza independente ás vindeiras eleccións municipais, acalando así definitivamente os rumores que apuntaban a súa reintegración no Partido Popular. A protección do sector marisqueiro, o fomento do importante tecido comercial ou o recoñecemento de Noia coma Portus Apostoli dentro do Camiño de Santiago serán algunha das súas principais apostas de futuro da formación con vistas ós futuros comicios municipais.
NOIA> Inauguradas as segundas Xornadas de Exaltación do Berberecho de Noia que nesta edición tiveron como convidado ó cociñeiro Alberto Chicote. Durante toda a fin de semana seguirán a desenvolverse conferencias e actos paralelos que culminarán coa degustación popular prevista para o domingo.
MUROS> O goberno de Muros trasladará á Xunta, a través do grupo parlamentario de En Marea, a inclusión dunha serie de necesidades a incluír nos orzamentos autonómicos.
Páxina 1 de 71
HomeSUCESOSMostrando artigos por etiqueta: MurosNoia Top of Page

Síguenos en facebook