• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
PADRÓN> A Garda Civil de Padrón, en colaboración coa Policía Local, procedeu á detención dun individuo, veciño de Dodro, de 41 anos, con iniciais J.D.R., como presunto autor dun delito de roubo con violencia. Os feitos tiveron lugar o pasado 14 de xullo. O prendido, que ía encarapuchado, abordou a unha señora por detrás, arrancándolle o bolso que portaba, en cuxo interior contiña uns 600 euros. A presenza de numerosas testemuñas, así como tamén o visionado das cámaras de vixilancia de varios locais foron claves á hora de identificalo. O detido xa pasou a disposición no Xulgado de Padrón, que decretou a súa liberdade con cargos. Cónstanlle numerosos antecedentes por feitos similares.
RIBEIRA> Axentes de paisano da Policía Local velarán polo cumprimento da normativa vixente ó respecto.
NOIA> O Inspector Xefe da Policía Local de Noia denuncia irregularidades na contratación de dous membros deste corpo. Asegura que desde hai anos exercen unha profesión, a de policía local, sen ter superado as probas do concurso oposición. Manuel González denuncia tamén que o concelleiro de Seguridade asuma competencias que lle corresponderían ó seu cargo.
Pontevedra> A Policía Local de Pontevedra volveuse a manifestarse nesta xornada reivindicando, unha vez máis, o inicio das negociacións para a súa equiparación salarial. O acto desta mañá consistiu na doazón de sangue na unidade móbil da Axencia Galega e alí advertiron que se non chegan pronto a un acordo endureceran as súas medidas. 
Publicado en PONTEVEDRA
CAMBADOS> Policía Local e Protección Civil de Cambados rescataron este mediodía unha anciá da súa vivenda. A muller levaba dous días tirada no chan dunha das habitacións e foi a súa filla a que deu a voz de alarma.
Publicado en SUCESOS
Pontevedra> O policía local de Pontevedra volveuse a manifestar esta mañá neste pleno da corporación de Pontevedra. Unha cita onde se aprobou por maioría da oposición e cos votos en contra do BNG as melloras nas dependencias situadas no Pazo da Cultura, medida que levaron a pleno dende as filas populares. 
Publicado en PONTEVEDRA
Xoves, 29 Setembro 2016 18:53

Mobilización da policía local no pleno

Pontevedra> Dende a Policía Local manifestáronse esta mañá ás portas do pleno e no interior do mesmo co fin de solicitar, unha vez máis, que se cumplan as suas demandas. O concelleiro de pesoal falou esta mañá cun dos voceiros sindicais e díxolle que o luns abrirán unha mesa de negociación, un feito que dende os sindicatos non agardan nada. 
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> Os delegados sindicais de UGT e Comisións Obreiras na policía local pontevedresa convidaron esta mañá aos concelleiros da oposición para que coñeceran de primeira man as deficiencias coas que contan as instalacións da Jefatura da policía local na cidade do Lérez. Dende este organismo xa anunciaron que mañá continuarán coas suas mobilización no pleno da corporación.
Publicado en PONTEVEDRA
RIBEIRA> A partir deste sábado as rúas do concello de Ribeira estarán ben vixiadas, como cada verán, da man dunha nova promoción da Policía Infantil. Os novos membros tomaron posesión do seu cargo.
VILAGARCÍA> Máis Policía Local para Vilagarcía. O alcalde anunciou que xa traballan para incorporar tres axentes máis para o vindeiro ano. Segundo Alberto Varela, a intención é que os novos efectivos comecen a traballar xa de cara o verán, atendendo a unha demanda dos veciños que piden máis presenza policial nas rúas.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
RIANXO> Sumarase así ós traballos de control que xa viña realizando a Garda Civil dende hai algún tempo.
RIBEIRA> O executivo ribeirense deu inicio ó proceso de contratación temporal de tres técnicos para a atención nas oficinas municipais de información turística e tamén de dez auxiliares da Policía Local. Tal e como se recolle no Boletín da Provincia de hoxe, o prazo para a presentación de solicitudes é de dez días naturais a partir da publicación oficial. Os interesados poden descargar xa o modelo de instancia na páxina web municipal: www.riveira.es ou riveira.gal, e unha vez cumprimentado poderán presentalo no Rexistro Xeral do Concello. No caso dos técnicos para as oficinas turísticas, o proceso de selección será de oposición libre e prestarán o servizo do 15 de xuño ó 14 de setembro, ambos inclusive, de xeito coincidente coa tempada estival. Polo que se refire ós auxiliares da Policía Local, o proceso tamén será de oposición libre, e a duración do contrato será de catro meses.
Páxina 1 de 3
HomeSUCESOSMostrando artigos por etiqueta: Policía Local Top of Page

Síguenos en facebook