• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
PORTO DO SON> Porto do Son acollerá entre o 29 de xuño e o 1de xullo as primeiras xornadas universitarias de odontoloxía. Acudirán ó redor dun cento de participantes de diversas universidades de España e Portugal.
PORTO DO SON> A Garda Civil procedeu á detención de dous veciños de Porto do Son e outro de Ribeira como presuntos autores dun delito de roubo con forza. Os feitos tiveron lugar hai varios días nunha vivenda particular do lugar de Tarrío, na parroquia sonense de Queiruga. Ó parecer os tres prendidos accederon ó interior da casa despois de romper o vidro dunha das fiestras levándose un botín con diversos obxectos valorados en máis de dez mil euros. As investigación realizadas nos días posteriores polos axentes do Instituto Armado permitiron a detención o pasado venres de J.C.G.C. e recuperar parte das xoias substraídas no roubo. Esta mañá pasaban a disposición xudicial os outros dous detidos: B.M.S e F.M.A, que xa puxeran á venda parte dos obxectos roubados en varios negocios de compravenda da zona, entre eles unha caixa de moedas de prata.O Xulgado de Instrucción Número 2 de Noia e quen instrúe as dilixencias.
PORTO DO SON> Porto do Son acollerá a segunda edición do Summer Camp de Fútbol Vero Boquete. Será entre o vinte e seis de xuño e o un de xullo. Ademais da sesións prácticas e teóricas de fútbol haberá actividades de lecer relacionadas cos deportes náuticos.
PORTO DO SON> Portodos denuncia presuntas irregularidades nos procesos de selección de persoal convocados polo concello de Porto do Son. Consideran que o tribunal non está suficientemente cualificado para avaliar as capacidades dos aspirantes.
PORTO DO SON> Os animais, que sufriron varias coiteladas, evolucionan favorablemente despois de seren atendidos nunha clínica veterinaria. Varios días despois do acontecido, este veciño de Ribeira aínda non se explica as razóns que puideron levar a alguén a cometer este tipo de crueldade contra os seus animais. Tres dos nove cans que posúe nunha finca no lugar de Basoñas, na parroquia sonense de San Pedro de Muro, apareceron con varias coiteladas no seu corpo. A día de hoxe e despois do seu tratamento nunha clínica veterinaria, os animais evolucionan favorablemente. Segundo el esta non é a primeira vez que padece este tipo de feitos. Xa en anteriores ocasións aparecéronlle varios cans envelenados ou mortos de varios disparos. Aínda que ten sospeitas, non pode asegurar con certeza quen puido cometer tales agresións, máxime cando se trata de exemplares extremadamente bondadosos. Despois de poñer o caso en coñecemento da protectora Moura, a súa intención é presentar denuncia na Gardia Civil para que este tipo de sucesos non volvan a producirse.
PORTO DO SON> A quinta edición do PequeBasket chega a Porto do Son a vindeira fin de semana. Entre o tres e o catro de xuño, máis de cincocentos deportistas en idade escolar participarán neste evento deportivo que vai camiño de converterse nun clásico.
PORTO DO SON> Sete locais hostaleiros participan esta fin de semana no concurso de tapas ‘Son para Comelo’ que acada este ano a súa quinta edición.
PORTO DO SON> Unha veciña de Porto do Son denuncia que leva dous anos sen poder acceder co seu coche ó interior do garaxe por mor das obras realizadas na contorna da casa consistorial. A instalación dunha xardineira, un metro máis longa que a anterior, impídelle realizar a manobra de acceso.
PORTO DO SON> A corporación sonense celebrou esta mañá o pleno extraordinario para tratar as reunións de concelleiros delegados.
PORTO DO SON> As confrarías galegas traballan conxuntamente coa Consellería do Mar no deseño do plan do polbo para o presente ano. As federacións de Coruña e Pontevedra proponen unha veda de corenta e cinco días e a unificación dos topes en cincuenta quilos durante toda a campaña.
PORTO DO SON> Segundo os nacionalistas é un problema que se dá con bastante frecuencia no municipio, polo que instan ó equipo de goberno a dirixir maior investimento a mellorar o a rede municipal de saneamento.
PORTO DO SON> O peche da pescaría da xarda na provincia da Coruña trae de cabeza á flota de artes menores. Á espera do reconto que determine si xa se esgotou o cupo, as embarcacións vense obrigadas a devolver miles de quilos ó mar.
Páxina 1 de 23
HomeSUCESOSMostrando artigos por etiqueta: Porto do Son Top of Page

Síguenos en facebook