09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
O concello de Vilagarcía presentou esta mañá as dúas incorporacións do Servizo de emerxencias e Protección Civil do municipio. Trátanse de dous vehículos especiais para traballar en incendios forestais e zonas de difícil acceso con máis garantías. Os Servizo de Emerxencias e Protección Civil do municipio xa conta entre a súa flota con dous novos vehículos, que veñen de ser reformados para converterse en dous efectivos especiais e fundamentais para mellorar a eficacia nos traballos antiincendios. A outra importante dotación é do novo vehículo cisterna, tras pasar por unha reforma. O alcalde destacou a labor deste servizo contra os lumes, pero quixo tamén facer fincapé na concienciación cidadá á hora de evitar a aparición de incendios. Estes dous novos vehículos, que supuxeron duns 150.000 euros aproximadamente, estiveron ó longo da mañá expostos na praza da Segunda República, xunto co resto da frota de emerxencias municipais, chamando a atención dos veciños vilagarciáns, sobre todo, dos máis pequenos da casa.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Pontevedra> O centro cultural Xaime Illa de Poio acolleu a primeira Noite Poio Móvese. Unha gala, centrada no deporte, onde se premiou o traballo realizado dende o servizo de Protección Civil do concello e as monitoras do club de ximnasia rítmica Saraiba. Unha cita onde non faltou o humor posto pola mestra de cerimonias, a actriz Isabel Risco, e onde a concelleira Marga Caldas quixo poñer en valor todo o traballo que dende o deporte realizan os clubs e asociacións do concello. 
Publicado en DEPORTES
PORTO DO SON> Parte do equipamento adquirido foi posible grazas ás axudas concedidas a través do Fondo de Compensación Ambiental, o coñecido coma ‘canon eólico’.
CAMBADOS> Policía Local e Protección Civil de Cambados rescataron este mediodía unha anciá da súa vivenda. A muller levaba dous días tirada no chan dunha das habitacións e foi a súa filla a que deu a voz de alarma.
Publicado en SUCESOS
BARBANZA> O director xeral de Emerxencias visitou varias agrupacións de Protección Civil da comarca para coñecer de primeira man as necesidades destes colectivos. Luís Menor comprometeuse a estudar as demandas máis urxentes como a dotación dunha embarcación para Ribeira ou un remolque para a Pobra.
NOIA> A agrupación de Protección Civil volve contar con doce traballadores, distribuído en catro cuadrillas de tres persoas. A reincorporación destes profesionais dá cumprimento á resolución xudicial que obrigaba á súa readmisión.
PORTO DO SON> Porto do Son acolleu a entrega das embarcacións de salvamento ás agrupacións de Protección Civil das provincias da Coruña e Lugo. O vicepresidente da Xunta presidiu o acto no que se entregaron doce lanchas que se suman ás outras dez destinadas á provincia de Pontevedra.
POBRA> A agrupación de Protección Civil da Pobra comeza a tomar forma despois de que o concello abrira o prazo para a presentación de voluntarios. Na actualidade, o equipo está integrado xa por máis dunha quincena de persoas que, posteriormente, deberán realizar un curso.
PORTODOSON> Un vehículo da Protección Civil de Porto do Son sufriu un aparatoso accidente, na estrada AC-550 fronte á praia da Arnela. Os tres traballadores dirixíanse á procesión do Carme cando perderon o control do vehículo nunha curva, bateron contra un coche que estaba aparcado e posteriormente cun poste do tendido eléctrico. Os ocupantes foron trasladados ó hospital do Barbanza, aínda que non presentan lesións de gravidade como se informou nun primeiro momento. Non obstante, un deles levou un importante golpe na cabeza ó non abrirse o ‘airbag’ tralo impacto. Ata o punto, desprazáronse 3 ambulancias do 061 e a Garda Civil de Tráfico.  
RIBEIRA> O mozo detido pola Policía Autonómica pola súa presunta implicación nun incendio forestal rexistrado o pasado mes de agosto era membro da Agrupación de Voluntarios.
RIBEIRA> Protección Civil de Riveira desenvolveu hoxe un simulacro de incendio no CEIP de Olveira que se produciu conforme á planificación prevista. O obxectivo desta iniciativa residiu en poñer en práctica o plan de autoprotección do centro, adestrar ó persoal docente e persoal exterior con implicación neste tipo de sinistros, comprobar a capacidade de resposta dos medios que interveñen e observar os erros que se cometan para posteriormente emendalos e incluílos no plan de autoprotección. O simulacro partiu dunha suposta alarma de incendio nunha estancia baldeira do inmoble. O exercicio constou da evacuación total e correcta do centro, o control dos usuarios e persoal desaloxado no exterior, e a valoración dos tempos de evacuación e de resposta de medios externos. Ademais do propio corpo docente e alumnado do CEIP de Olveira, participaron no dispositivo Policía Local, Policía Nacional, Protección Civil, Bombeiros e unha ambulancia de Ambunova.
RIBEIRA> Os nacionalistas critican algunhas das tarefas que o equipo de goberno lles está a obrigar a facer ós voluntarios, que distan moito da atención a emerxencias.
Páxina 1 de 2
HomeSUCESOSMostrando artigos por etiqueta: Protección Civil Top of Page

Síguenos en facebook