• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
RIBADUMIA> A consellería de Medio Rural achegou nos últimos anos unha axuda de 1,4 millóns de euros á empresa Kiwi Atlántico con sede en Ribadumia. Esta mañá a conselleira desta área visitou as instalacións desta compañía, a máis relevante a nivel nacional en produción desta froita. A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, visitou esta mañá no concello de Ribadumia, a explotación Kiwi Atlántico, á que se lle concederon nos últimos anos axudas por valor de 1,4 millóns de euros. Destes, preto de 860.000 corresponden coa convocatoria deste ano da orde de transformación e comercialización de produtos agrarios deste ano. A conselleira destacou o carácter emprendedor desta compañía, a principal produtora de kiwi de España, con 12.099 toneladas, un 61 por cento máis que a produción media estatal. E polo que nos contou esta mañá o seu xerente, este ano, a produción parece que tamén vai ser boa. Coa subvención deste ano a empresa busca ampliar as súas instalacións coa construción dunha nova superficie cuberta, que constaría dunha nave de 985 metros para novas cámaras frigoríficas, a ampliación da zona de procesado, e execución duna nova cámara de maduración. Ademais de mellorar a climatización de recintos frigoríficos para outras dúas novas cámaras de conservación . Kiwi Atlantico naceu en 1988 e hoxe en día dispón de máis de 170 hectáreas de produción en España e Portugal, ademais de 50 en Uruguai. Pero o 60 por cento do seu produto procede de Galicia, sendo Pontevedra a provincia con maior número de superficie plantada.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
RIBADUMIA> Numerosos rostros políticos déronse cita, este venres, en Ribadumia. O motivo a inauguración das instalacións da conserveira La Brújula. No medio da súa intervención ante os medios o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo anunciou que nas vindeiras semanas Galicia terá un Plan Estratéxico da Conserva.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
RIBADUMIA> O concello de Ribadumia e a Federación Galega de Piragüismo xa teñen todo preparado para slalom de esta modalidade, que se celebrará este domingo 25 de xuño.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
RIBADUMIA> A música e os bailes volverán a Ribadumia o vindeiro 30 de abril en Ribadumia. O IV Trofeo de Baile Deportivo de Ribadumia Btroula encherá vila de bailaríns e ritmos melódicos cun evento que a bo seguro será do agrado de todo aquel que acuda o Pavillón de A Senra na vila.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
RIBADUMIA> Uns 35 concellos de Galicia atópanse en alerta de prevención da gripe aviar segundo a Xunta de Galicia. Aquí en O Salnés son sete os de maior risco. Por iso dende os concellos de Ribadumia, Cambados, A Illa, Vilanova, Meaño, O Grove e Sanxenxo poñen a disposición dos cidadáns unhas follas de rexistro nas que rexistrar as aves de uso doméstico a fin de previr ou localizar problemas no hipotético caso de que se localice algún caso de gripe aviar na zona.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Quen dixo que a ciencia e cociña non teñen nada en común? Esta mañá os alumnos e alumnas do Colexio Julia Becerra de Barrantes, en Ribadumia, descubriron que en realidade é todo o contrario, e fixérono da man do mellor mestre posible, o recoñecido cociñeiro Pepe Solla. Son algunhas das cousas que aprenderon esta mañá os alumnos do Centro Público Integrado Julia Becerra de Barrantes, Ribadumia, durante a sesión Cociña e Ciencia, que esta mañá tiveron o luxo de compartir co gran cociñeiro poiense Pepe Solla. O obxectivo do obradoiro era concienciar á sociedade da relevancia que ciencias como a física, a química ou as matemáticas teñen na cociña, e qué mellor que facelo comezando polos que conforman o noso futuro, os estudantes. Cocer un ovo. Un feito tan sinxelo coma ese marcou toda a charla de Solla, que explicou ós rapaces conceptos como o xogo coas temperaturas na cociña. A charla está enmarcada no proxecto Edumotiva, da consellería de Cultura. Pode que algúns deste alumnos descubran hoxe a súa paixón pola química ou a física grazas a un ovo cocido, pero máis de un seguro que xa imaxinou converterse no próximo Pepe Solla da gastronomía galega. Cheguen ou non a ser o número 1 nisto dos fogóns, hoxe aprenderon unha lección maxistral, e é que tal e como lles contou Pepe Solla, os mellores cociñeiros, o son, porque aprenderon, dos mellores científicos.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
RIBADUMIA> Ribadumia conta cunha nova instalación de alumeado público no zona de A Torre e a rúa Mosqueiro. Un cambio que permite ao concello un aforro no consumo eléctrico superior ao 50 % de media entre as dúas zonas, e que foi posible a través da orde de compensación ambiental de Vicepresidencia da Xunta de Galicia en colaboración co concello do municipio.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
RIBADUMIA> Boas novas para os fregueses da Igrexa de San Andrés de Barrantes. O concello de Ribadumia ampliará o aparcadoiro do entorno do templo; unha intervención que será posible grazas ao convenio asinado co Arcebispado de Santiago. A actuación desenvolverase nunha parcela de case 1.300 metros e contará cunha achega de máis de 130.000 euros. A Igrexa de San Andrés de Barrantes contará con case 1.300 metros máis de aparcadoiro. Un convenio asinado entre o concello e o Arcebispado de Santiago permitirá ao goberno local actuar nunha parcela de titularidade eclesiástica para mellorar este servizo. A cesión é por un período de 20 anos e non terá ningún custo para as arcas municipais. O concello de Ribadumia asumirá os gastos das actuacións, que cifran en máis de 62.000 euros que se prevén con cargo a unha liña de axudas da Axencia Galega de Infraestruturas. Nos plans do concello entra tamén a conexión de sumidorios das vivendas desa zona coa rede xeral. Neste caso, o orzamento supera os 70.000 euros, que se inclúen no Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra. A intención do executivo é que as obras estean rematadas cara finais deste ano.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
RIBADUMIA> Os deputados provinciais do PP continúan coa súa rolda de denuncias sobre o abandono da Deputación de Pontevedra aos concellos pequenos. Estes xoves Nidia Arévalo, Salomé Peña e Luís Aragunde acudiron ao entorno da senda peoníl da Pedra e da Auga en Ribadumia, e dende alí solicitaron o ente provincial que continúe os proxectos iniciados na anterior lexislatura, encabezada por Rafael Louzán.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
CAMBADOS> Cambados formará parte xunto con Ribadumia e Meis, do primeiro Plan de Igualdade de Oportunidades, que se organiza dende o Centro de Información a Muller da Mancomunidade de O Salnés.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
RIBADUMIA> Hoxe é o Día Mundial da Auga, que este ano está dedicado ó tratamento das augas residuais. Por este motivo a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, visitou a Edar de Ribadumia acompañando ó alumnado do Instituto Ramón Cabanillas de Cambados. Concienciar ó alumnado de cuarto da ESO sobre a importancia do tratamento adecuado das augas residuais. Era o obxectivo da actividade programada polo instituto Ramón Cabanillas de Cambados con motivo do Día Mundial da Auga que hoxe se celebra. Para conseguilo , que mellor que visitar a EDAR do concello veciño de Ribadumia, e facelo da man dunha experta na materia como é a conselleira de Medio Ambiente. Acompañada por alcaldes e concelleiros da comarca do Salnés, así como por representantes da Mancomunidade, Beatriz Mato ofreceu primeiro unha breve clase teórica ó alumnado, sobre o ciclo que segue a auga ata que chega depurada ós nosos fogares. Trala explicación veu a clase práctica cun percorrido polas instalacións da Estación Depuradora de Augas Residuais, para comprobar in situ como funciona. Eles, deron boa conta do aprendido. Para conseguir que a auga chegue saneada ás nosas casas, é importante todo proceso, pero tamén a concienciación de todos e cada un de nós, e iso, parece que os máis novos o teñen claro. Pero as que deben estar concienciadas do coidado da auga, son tamén as institucións. Por iso a Conselleira aproveitou a visita para lembrar que desde o ano 2009 a consellería investiu en Galicia mil millóns de euros no abastecemento e saneamento de auga. Mato asegurou tamén que a Xunta continuará co seu compromiso cos concellos do Salnés e da Ría de Arousa en materia de abastecemento e Saneamento,e anunciou que o Plan Hidrolóxico destinará 23 millóns de euros máis á Ría de Arousa, dos cales ,máis de 16 recaerán nos concellos de Arousa Sur .
Publicado en SALNÉS - CALDAS
O concello de Cambados e o de Ribadumia presentaron esta mañá as obras que realizarán nos seus polígonos coas axudas que para este obxectivo outorga a Xunta de Galicia. Unha subvención que un ano máis agardan recibir de xeito conxunto. A cercanía entre os polígono de Ribadumia e Cambados, é tal, que prácticamente non hai separación entre eles. Por iso, este ano os dous concello repiten á hora de pedir de forma conxunta as axudas necesarias ó goberno autonómico para realizar melloras nestes espazos industriais do Salnés. En total, a inversión que calculan, e só á espera da confirmación definitiva por parte da Xunta, será dun total de 180.000 euros. Dos cales 76.000 irán destinados a melloras na sinalización e asfalto do polígono de Cambados. No acto que tivo lugar esta mañá no Viveiro de Empresas de Cambados, desde este concello anunciaron tamén que as rúas do polígono levarán nomes de mulleres galegas relevantes en distintos sectores da sociedade. Pola súa banda, desde o concello de Ribadumia explicaron esta mañá, no acto de presentación que tivo lugar no Viveiro de Empresas de Cambados, contan co 103.000 euros da axuda autonómica. Do total da inversión, desdes 180.000 euros, a Xunta faise cargo do 95 por cento, e os concellos do 5 restante. Se todo segue segundo o previsto e as axudas chegan tal e como se agarda, estímase que para o mes de outubro estén realizadas estas melloras.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Páxina 1 de 6
HomeSUCESOSMostrando artigos por etiqueta: Ribadumia Top of Page

Síguenos en facebook