• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
VILAGARCÍA> Os veciños da Coca, en Vilagarcía, esixen melloras para o parque. A plataforma conseguiu recoller preto de 500 sinaturas contra o composteiro que o concello pretende instalar nesa zona. Unha oportunidade que aproveitaron para denunciar o abandono do entorno. Con case medio milleiro de sinaturas, os veciños do Parque da Coca oficializaron a súa oposición ao composteiro que o concello quere instalar na zona. Non gusta a ubicación, pero tampouco lles convence a xestión do concello. Critican que o goberno local non falou cos veciños para escoller a ubicación dos composteiros. As sinaturas xa están no concello dende o pasado venres, cando as presentaron por rexistro. Ademais, os veciños aproveitaron a oportunidade para reclamar máis melloras no Parque da Coca; un entorno rico pero que ven abandonado pola administración local. A limpeza de maleza nalgunhas das parcelas do entorno e a restauración dos muíños para uso público como valor etnográfico da Vilagarcía rural, son outras das peticións que recolleron os veciños no documento presentado no concello. Peticións que, a día de hoxe, seguen sen resposta.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> Xa coñecemos o nome do primeiro precandidato a presidir o Partido Popular de Vilagarcía. Esta mañá, Alfonso González Gallego, responsable comercial da Autoridade Portuaria, daba un paso adiante para substituír a Tomás Fole. A falta de 72 horas para pechar o prazo, é a única precandidatura presentada. A 72 horas de que se peche o prazo para presentar as precandidaturas, o Partido Popular xa ten un posible substituto para Tomás Fole á fronte da formación en Vilagarcía. Esta mañá, Alfonso González decidíase a dar un paso adiante. González Gallego leva 15 anos como responsable do departamento comercial e de márketing da Autoridade Portuaria, e tan só 8 meses como militante do PP. Tras esta experiencia, o xa precandidato a presidir aos populares vilagarciáns aposta por traballar para unir á formación. Sobre a posibilidade de optar á alcaldía, asegurou que aínda é cedo para plantexalo.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCIA> Arranca a segunda fase de humanización do centro de Vilagarcía. Trala peonalización das rúas que dan acceso á Praza de Galicia, agora vén de convocarse a adxudicación para o proxecto que faga o mesmo coa Praza da Independencia. Un centro de Vilagarcía peonil é o obxectivo do goberno socialista deste concello, que continúa co seu plan de humanización .Tras encamiñar a primeira fase, coas obras de peonalización da Praza de Galicia, a redacción do proxecto e execución da humanización da Praza da INdepedencia xa está en marcha. Cun presuposto de 20.000 euros, a contratación realizaráse polo sistema de “invitación” ó tratarse dunha obra menor. Durante as obras, trataráse tamén de arranxar a propia praza, mellorar a súa imaxe e limpar a fonte. Pero os arquitectos que finalmente se fagan co proxecto, terán que ter en conta unha serie de directrices. Aínda que estas obras peonalización adoitan acarrexar defensores e detractores, esta mañá comprobamos que a gran maioría dos vilagarciáns que pasaron por aquí, teñen claro o resultado positivo que estes cambio supuxo noutras zonas da vila. Desde o concello calculan, que se o proceso continúa sen altercados, e os fondos europeos cos que se financiará chegan en tempo, agardan estar comezando as obras a comezos do próximo ano.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> O concello de Vilagarcía reclama ó vicepresidente da Xunta a ampliación do polígono do Pousadoiro. A tenente de alcalde fixo esta petición durante a visita de Alfonso Rueda a unha empresa química do polígono vilagarcián. O goberno local de Vilagarcía aproveitou esta mañá a visita do vicepresidente da Xunta á empresa química Kemegal, ubicada no polígono do Pousadoiro, para reiterarlle a demanda de ampliación deste parque empresarial. O executivo local considera que urxente a necesidade de Vilagarcía de aumentar o seu solo industrial para permitir crecer ás empresas xa instaladas e atraer a outras novas, que non veñen por falta de parcelas. Alfonso Rueda asegurou que nestes momentos nos polígonos a demanda comeza superar á oferta, pero ata hai moi pouco era ó contrario. A ampliación do polígono do Pousadoiro é un proxecto que vén de lonxe, e xa se deron os primeiros pasos para prever a súa segunda fase, revisando no PXOM os terreos nos que se desenvolvería. O concello ve necesario que a Xunta atenda esta necesidade de Vilagarcía.Os propios empresarios do polígono poñen de manifesto a necesidade de dispor de máis solo industrial. De feito, os responsables de Kemegal, esta compañía química de solucións integrais e con importante actividade a nivel internacional, precisa ampliar as súas instalacións para poder atender o volume de traballo que está a ter. Pero nestes momentos, carecen de terreo para facelo, e así llo transmitiron tamén ó vicepresidente da Xunta.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> Esta mañá o concelleiro de Medio Ambiente de Vilagarcía e unha mestra composteira fixeron unha demostración sobre este sistema xestión do lixo nos colectores de Piñeiriño. Lino Mouriño aproveitou para lanzar unha mensaxe tranquilizadora ós veciños do barrio da Coca. Que tódolos veciños da Coca, en Vilagarcía, teñan claro que non se vai instalar o composteiro no seu barrio, se eles non queren. Foi a mensaxe que o concelleiro de Medio Ambiente quixo enviar esta mañá trala polémica xurdida arredor da implantación de colectores de compostaxe nesta zona. Lino Mouriño quixo fixo este anuncio esta mañá, durante a demostración de cómo funciona este tipo de sistema de xestión do lixo, precisamente, nos colectores doutra zona do concello, os do Piñeiriño. Para que tanto veciños como a prensa, fóramos testemuña de cómo é proceso, limpo e sen olores molestos, a demostración correo a cargo dunha profesional mestra composteira. Esta profesional da compostaxe asegura que moitas das crítícas que veñen por parte dos veciños chegan por falta de información. Ela asegura tamén á veciñanza que non deben preocuparse pola presenza deste tipo de colectores preto das súas vivendas. A mestra aconsella ós veciños que se informen e aproveiten esta oportunidade de xestionar os residuos dunha forma máis responsable.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCIA> Pais e alumnos do colexio da Escardia en Vilagarcía saíron esta semana a rúa para solicitar a educación máis profesores de apoio. Dende a ANPA do centro aseguran que hai un importante número de nenos con necesidades especiais. Outra das peticións é un orientador escolar a tempo completo e non compartido con outros centros.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCIA> Para os que non teñan plan esta fin de semana, o sábado en Vilagarcía celébrase a Gala Afasal. Unha iniciativa anual ca que recadar cartos a prol da Asociación de Familias de Enfermos de Alzheimer do Salnés. Así que xa saben, sábado as 21:00h no Auditorio de Vilagarcía.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> Uns 90 días pasaron xa dende que o concello de Vilagarcía puxera a andar a nova ordenanza de terrazas, e xa son 25 as denuncias a hostaleiros que incumpren algún dos puntos de regulamento. A maioría delas teñen que ver coa non retirada de mobiliario da vía pública durante a noite.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> A Fundación galega Contra o Narcotráfico presentou esta mañá na súa sede de Vilagarcía a edición décimo quinta da súa gala anual. No acto, que se celebrará o próximo venres, entregarán as habituais Nécoras de Ouro, que premian cada ano a persoas e institucións que loitan contra esta eiva. Dicía Eduardo Galeano que moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas…pode cambiar o mundo. Foi a frase que colleu prestada esta mañá o presidente da Fundación Galega contra o narcotráfico, para definir o espírito desta entidade e da súa gala anual. A décimo quinta edición deste evento foi presentada hoxe na sede de Vilagarcía da Fundación. Este ano a amenización musical da gala virá da man do grupo local Los Ibéricos, que naceu nos anos 60 pero agora, de xubilados, volven ós escenarios. Toda unha festa , que terá como momento álxido a entrega das tradicionais Nécoras de Ouro. E este ano, en homenaxe ó anterior presidente falecido recentemente, entregaráse por primeira vez o premio Siso Bartomé, que simbolizará valores como os que el tiña, solidariedade, consenso e entendemento. Para coñecer os seus nomes teremos que agardar uns día máis, pero a esencia da gala é segundo a Fundación agradecer o traballo de toda a sociedade nesta loita. A Gala Anual da Fundación Galega contra o narcotráfico celébrase o próximo venres 31 de marzo, no Auditorio de Vilagarcía, a partir das oito e media da tarde. As entradas, que son gratuitas ,poden recollerse nos locais vilagarciáns Costureiro Complemento e Musical Duende.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCIA> O portavoz dos socialistas no Parlamento de Galicia, Xaquín Fernández Leiceaga, visitou esta mañá Vilagarcía de Arousa onde incidiu na necesidade de que a vila conte cun centro de saúde en condicións, e defendeu a proposta do executivo de Alberto Varela, de que o solar da antiga Comandancia da Mariña albergue o futuro novo centro de saúde.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Os comerciantes de Vilagarcía encaran o comezo da campaña de primavera con optimismo, aínda que este mes de marzo está sendo máis frouxo en canto a vendas que o comezo do ano. Hoxe a Asociación Zona Aberta entregou o premio da campaña do Día do Pai. Vén de remata a campaña do Día do Pai da Zona Aberta de Vilagarcía, e a Asociación de Comerciantes xa está pensando na próxima. As expectativas son positivas para esta primavera, aínda que este mes de marzo o baixón deixouse notar nos comercios. A presidenta de Zona Aberta fixo este balance durante o acto de entrega do premio que sorteou a Asociación pola Campaña do Día do Pai. O vilagarcián Julio Otero foi o afortunado no sorteo, e o agasallo nada máis e nada menos que 500 euros en vales de compra. Unha campaña, a do Día do Pai, que serviu para dinamizar o comercio nunha época algo máis inestable.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
O concello de Cambados e o de Ribadumia presentaron esta mañá as obras que realizarán nos seus polígonos coas axudas que para este obxectivo outorga a Xunta de Galicia. Unha subvención que un ano máis agardan recibir de xeito conxunto. A cercanía entre os polígono de Ribadumia e Cambados, é tal, que prácticamente non hai separación entre eles. Por iso, este ano os dous concello repiten á hora de pedir de forma conxunta as axudas necesarias ó goberno autonómico para realizar melloras nestes espazos industriais do Salnés. En total, a inversión que calculan, e só á espera da confirmación definitiva por parte da Xunta, será dun total de 180.000 euros. Dos cales 76.000 irán destinados a melloras na sinalización e asfalto do polígono de Cambados. No acto que tivo lugar esta mañá no Viveiro de Empresas de Cambados, desde este concello anunciaron tamén que as rúas do polígono levarán nomes de mulleres galegas relevantes en distintos sectores da sociedade. Pola súa banda, desde o concello de Ribadumia explicaron esta mañá, no acto de presentación que tivo lugar no Viveiro de Empresas de Cambados, contan co 103.000 euros da axuda autonómica. Do total da inversión, desdes 180.000 euros, a Xunta faise cargo do 95 por cento, e os concellos do 5 restante. Se todo segue segundo o previsto e as axudas chegan tal e como se agarda, estímase que para o mes de outubro estén realizadas estas melloras.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Páxina 1 de 48
HomeSUCESOSMostrando artigos por etiqueta: Vilagarcía Top of Page

Síguenos en facebook