09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
RIBEIRA> A Policía Nacional investiga as posibles causas do lume que se orixinaba esta pasada madrugada e que deixaba cuantiosos danos. Ó redor das tres e vinte desta pasada madrugada producíase un aviso ó servizo de Emerxencias do 112 por un posible incendio na nave de Max China en Xarás. Ata o lugar desprazáronse efectivos dos parques de bombeiros de Ribeira e Boiro, que iniciaron os labores de extinción das lapas. Esta mañá unha dotación de retén dos bombeiros cun vehículo nodriza continuaba na zona, realizando labores de control e refrixerado, para que o lume non volvera a reactivarse. Ata a zona tamén se achegaron membros da policía científica da Policía Nacional, que se encarga da investigación, co fin de esclarecer as posibles causas do incendio. As primeiras hipóteses apuntan a que puidera ser intencionado.
BOIRO> O incendio afectou a varias zonas da parroquia de Cures. Durante a tarde-noite chegou a activarse a situación dous debido á proximidade das lapas ás vivendas. Un dos primeiros focos producíase na zona da Figueira. Ó mediodía, a columna de fume e lapas, avanzaba a velocidade de vertixe pola serra do Barbanza, axudada polas altas temperaturas e a forza do aire. Os medios terrestres apenas podían facer nada nesa zona de difícil acceso, e os aéreos, tampouco, debido ás condicións de vento existente. Ás nove da noite a situación empeorou. Nese tempo e segundo as primeiras estimacións de Medio Rural levaban ardidas xa máis de noventa hectáreas. Xa era, sen dúbida, o maior incendio dos que se levan rexistrado na comarca no que vai de ano. O lume estaba totalmente incontrolado e a situación facíase, cada vez, máis complicada xa que as lapas aproximábanse a varios núcleos de vivendas como é o caso de Balteiro e Lidón. Foi nese momento, entrada xa a noite cando se decretou o nivel de alerta dous debido á proximidade do lume a casa. Para os veciños deste último núcleo boirense foron momentos de gran tensión e medo, xa que as lapas avanzaban cara as súas casas. A pesar do medo vivido, non houbo que lamentar danos persoais, e tampouco tiveron que desaloxar as súas vivendas, grazas ó traballo dos equipos de emerxencias, que pasaron toda a noite na zona. O incendio de Cures non foi o único que se rexistraba esta pasada fin de semana no Barbanza. En Ribeira producíanse tamén varios lumes, aínda que a menor escala, que afectaron á zona de salmón, en Oleiros, e tamén a Palmeira, obrigando a mobilizar a estas dúas zonas a varios equipos de extinción.
Pontevedra> Un escape de gas ocasiona un incendio na Caeira. Un veciño alertou ás 10 da mañá ao 112 dun incendio na rúa Río Oitavén número 9. O lume quedou sufocado ás 11:20 da mañá. Ata este lugar se desprazaron bombeiros do Salnés e de Pontevedra, Policía Local de Poio, Garda Civil, así como, unha ambulancia do 061, aínda que, afortunadamente, non houbo que lamentar ningún ferido.
Publicado en PONTEVEDRA
RIBEIRA> O incendio, que se iniciaba na tarde de onte, volveu reactivarse a primeira hora desta mañá. O incendio rexistrábase na tarde de onte nun silo de serrín nesta carpintería situada no polígono industrial de Xarás. Ata o lugar do suceso achegáronse efectivos dos parques de bombeiros de Boiro e Ribeira, así como tamén do Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal que estiveron traballando na extinción do incendio ata pasadas as once da noite. Aínda así, a primeiras horas desta mañá o lume reactivouse na mesma zona, polo que foi necesaria unha nova intervención dos equipos de emerxencia. No incendio non houbo que lamentar danos persoais, xa que á hora na que se orixinou o lume xa non había actividade no interior da nave. Polo de agora descoñécese tamén a súa posible orixe.
BOIRO> O suceso producíase esta pasada noite. Por fortuna non houbo que lamentar danos persoais, aínda que as perdas materiais si foron cuantiosas.
PONTEVEDRA> Volven a casa os veciños que onte foron desaloxados tras un incendio nunha garaxe da rúa Santa Teresa de Jesús Jornet. A presenza de gases tóxicos obrigounos a pasar a noite fora das súas vivendas. Hoxe, tralas medicións dos bombeiros, puideron regresar aos seus fogares. Esta mañá xa puideron volver ás súas casas os veciños afectados polo incendio nunha garaxe da rúa Santa Teresa de Jesús Jornet. O local queimado almacenaba pinturas e disolventes, o que provocou a liberación de gases tóxicos. Segundo explicou Da Silva, os veciños non precisaron se realoxados polo concello, e todos pasaron a noite en casa de amigos e familiares. Hoxe, os bombeiros comprobaron que os niveis de toxicidade baixaran. No seu informe, os bombeiros tamén descartaron que o incendio producira danos graves na estrutura do inmoble.
Publicado en SUCESOS
POBRA> A rápida intervención dos bombeiros dos parques de Ribeira e Boiro evitou a traxedia.
LOUSAME> Máis de 50 vehículos resultaron calcinados tralo incendio declarado esta fin de semana nun taller de despezamento de Lousame. Debido ás lapas houbo que cortar a electricidade na zona, pero por sorte non houbo que lamentar danos persoais. Todo apunta a que o lume foi provocado.   
PONTEVEDRA> Un incendio debaixo da ponte de Rosalía de Castro fixo saltar onte a alarma no centro de Pontevedra. Os veciños deron a alerta ao redor das 11 menos 20 da noite aos bombeiros, que conseguiron sufocar o lume pouco máis dunha hora despois. Un indixente foi detido como presunto autor do incendio, que provocou un apagón na zona.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> Aberta unha investigación para esclarecer os feitos que provocaron o indencio na pasada noite na planta de psiquiatría do Hospital Provincial de Pontevedra. As primeiras hipóteses apuntan a que foi un fogo intencionado. Dende o Hospital mandan unha mensaxe de tranquilidade e agardan poder poñer en funcionamento a unidade o antes posible. 
Publicado en PONTEVEDRA
Publicado en portada
BOIRO> O suceso producíase esta pasada noite na praia da Retorta e todo apunta a unha posible sabotaxe por parte dos furtivos.
Publicado en portada
Páxina 1 de 4
HomeSUCESOSMostrando artigos por etiqueta: incendio Top of Page

Síguenos en facebook