• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
BOIRO> A Garda Civil localizou unhas once plantas de marihuana nunha finca da súa propiedade no lugar de Vistaverde. No marco da denominada operación ‘Vistaverde’, axentes da Garda Civil de Boiro procederon á detención dun veciño da localidade, con iniciais J.L.O.I., de 40 anos coma presunto autor dun delito de cultivo e elaboración de droga. As investigacións realizadas deron como resultado o comiso dunhas once plantas de marihuana que o prendido cultivaba nunha finca da súa propiedade situada no lugar de Vistaverde, en Escarabote. No operativo tamén se lle incautou dunha caixa que contiña ó redor de cincocentos gramos de brotes desta planta. Segundo informaron fontes do propio Instituto Armado o valor da marihuana incautada podería acadar os 6.200 euros. Os feitos xa foron postos a disposición do Xulgado Número 1 de Ribeira que é o que instrúe as dilixencias.
RIANXO> O prendido foi localizado a pasada madrugada nun vehículo no polígono industrial de Té. No interior do coche atopouse unha pistola corta de imitación, varias doses de cocaína e uns 70 gramos de marihuana distribuídos en bolsas herméticas. Tamén se lle interviñeron outros obxectos coma tres teléfonos móbiles, unha navalla e diverso diñeiro en efectivo. O detido xa pasou a disposición xudicial ante o Xulgado de Instrución de Garda de Padrón que é quen instrúe o caso.
BOIRO> A actuación levada a cabo pola Garda Civil realizouse nunha vivenda deshabitada situada no lugar de Sandrenzo, na parroquia de Cespón.
BOIRO> Os axentes logracon incautarlle máis de 289 plantas e tres frascos con brotes cun preso superior ós cen gramos. Tamén lle comisaron diverso material para o cultivo do cánnabis.
CAMBADOS> Un veciño de Cambados, detido por un suposto delito de cultivo de cannabis.
Publicado en SUCESOS
HomeSUCESOSMostrando artigos por etiqueta: marihuana Top of Page

Síguenos en facebook