A Pobra acolle este domingo o trail máis duro do Circuíto Arousa Norte

POBRA> Ó redor de douscentos cincuenta corredores tomarán parte no trail de San Isidro que se celebra na Pobra este domingo. O circuito, de doce quilómetros e medio, conta cun desnivel acumulado de máis de setecentos metros facendo desta proba a máis dura das catro que integran o circuito Arousa Norte. A íntegra totalidade da proba discorre en zona agreste, nos terreos da Mancomunidade de Montes de San Isidro que colabora activamente na organización e desenvolvemento da proba. Precisamente , o alcalde da Pobra quixo felicitar ós organizadores por desenvolver este tipo de eventos no rural, como unha vía máis para a súa dinamización. A seguinte cita para os corredores terá lugar o once de maro en Boiro, onde se disputará o Trail de Bealo.