09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Erro
  • JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 481

POIO> O PP de Poio anuncia a posta en marcha unha campaña para buscar solución ó saneamento do municipio. Ángel Moldes pretende así que a creación da EDAR sirva como proba para ver 'quen está realmente do lado do sector do mar'. Porque non vale, di o popular, estar sostendo unha pancarta en defensa do marisqueo o pasado sábado en Santiago, cando logo non se actúa no saneamento da ría.  
PORTAS> Traballar a terra durante todo o ano, colleitar a uva, elaborar o viño e comercializalo. Son as fases a seguir por todo aquel que desexe producir viño como actividade da que obter ingresos sostibles. Pero o perfil da explotación vitivinícola en Rías Baixas, con tendencia á elaborar un adegueiro a nivel particular con esa uva, fan que a idea de mancomunar produción e unificar elaboración se presente como unha fórmula de negocio máis atractiva. Iso foi o que pensaron hai 16 anos moitos pequenos viticultores de Portas. Desta idea nacería a Cooperativa Viña Almirante, hoxe con 82 membros e unha superficie de explotación próxima ás 50 hectáreas.  
Venres, 26 Febreiro 2016 18:09

Da Silva baralla deixar a comisión do PXOM

PONTEVEDRA> As discrepancias entre o grupo de goberno de Pontevedra e a oposición seguen a facerse evidentes no tocante a urbanismo, ata o punto de que a concelleira da materia, Carmela Silva, está a plantearse deixar de asistir á subcomisión creada para tratar de impulsar ó PXOM. E é que as diferenzas parten do máis básico: o BNG considera que nestes intres non é factible nin necesario un novo Plan Xeral, e para a oposición é máis urxente ca nunca.  
SALNÉS/CALDAS> Os concellos de Vilagarcía, Caldas e Portas están a idear a creación dunha Vía Verde que una estes municipios aproveitando a antiga vía de ferrocarril en desuso. Trátase de crear unha senda peonil, que sería a primeira deste tipo integramente galega, que atraia o turismo de sendeirismo e abra o camiño de Santiago á Ría de Arousa.  
Xoves, 25 Febreiro 2016 18:31

Cando cooperar se traduce en innovar

CAMBADOS> Hai agora trinta anos nacía en Cambados Adegas Martín Códax. O seu xermolo como cooperativa aparecía un ano antes, con 50 viticultores que se asociaron no Salnés coa fin de iniciar un proxecto vitivinícola.  
Mércores, 24 Febreiro 2016 18:52

Suspender licenzas para frear Megasa

VILAGARCÍA> O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, levará mañá a pleno pola vía de urxencia unha moción na que proporá a suspensión potestativa da concesión de licencias para superficies comerciais. O goberno de Vilagarcía aférrase a esta ferramenta como recurso para paralizar o proxecto de instalación dunha macroárea na antiga parcela de Megasa, aínda que o disfraza como aposta por un modelo de cidade que aposte polo comercio de proximidade e xente nas rúas.  
Mércores, 24 Febreiro 2016 16:31

Cambados contará cunha brigada de BATA

CAMBADOS> Tres persoas con discapacidade psíquica pertencentes á asociación BATA traballarán a partir de marzo acondicionando espazos públicos forestais de Cambados. Concello e entidade asinaron esta mañá o convenio de colaboración polo que esta brigada despregará os seus servizos durante dez meses. Unha iniciativa coa que se pretende seguir avanzado na integración sociolaboral dos usuarios de BATA.  
SANTIAGO> As Denominacións de Orixe vinícolas galegas poñen a súa ollada no mercado alemán co obxectivo de acadar o millón oitocentos mil litros de viños exportados ó país ó final de 2017. É o triple do que están a exportar actualmente as 80 adegas galegas que comercializan as súas elaboracións no mercado xermano. Para iso, participarán nun plan de promoción auspiciado polo Igape e que se presentou esta mañá en Santiago.  
Páxina 1 de 19
HomeSUCESOS Top of Page

Síguenos en facebook