09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Silvana Moril

Pontevedra> O concello de Pontevedra recorrerá a autorización ambiental integrada de Elnosa concedida pola Xunta de Galicia. A concelleira nacionalista Carme da Silva considera que se trata dunha decisión de carácter político que pon en risco a vida de miles de persoas de Pontevedra.
Pontevedra> Dende a Xunta, o vicepresidente, dixo que a postura do Goberno Galego é por todos coñecida, e sempre que estea nas súas mans, axudarán a que os empregos e as empresas se queden en Pontevedra. Rueda dixo que a autorización foi dada despois de analizar toda a documentación de Elnosa, e garantir, dixo, que cumprían todos os parámetros esixidos.
Mércores, 13 Decembro 2017 13:08

Os peques do Fina Casalderrey visitan o concello

Pontevedra> O pequenos da Escola Infantil Fina Casalderrey coñeceron hoxe todos os segredos que agocha o concello de Pontevedra. O alcalde recibiu a estes intrépidos estudantes e contoulles a que se adican as diferentes instancias do concello e tamén lles explicou a orixe de moitos trofeos que ten no seu despacho.
Pontevedra> As Rías Baixas contaron cunha ocupación do 50 por cento na ponte da Constitución. Uns datos que se sitúan por debaixo do estimado. A cicloxénese explosiva Ana tivo a súa repercusión neste resultado. O Turismo rural acadou unha ocupación media do 35,14 por cento, 25 puntos máis que no mesmo período do 2016.
Pontevedra> A cicloxénese explosiva Ana deixou 52 intervencións directas no concello de Pontevedra. O voceiro do Goberno Local informou de que se tratou, en todos os casos, de incidencias menores. E debido a este temporal, a situación da seca vaise recuperando, o caudal do río Lérez conta con 60,86 metros cúbicos segundo, catro veces máis que na mesma época o pasado ano.
Pontevedra> O Partido Popular de Pontevedra presentará unha emenda á totalidade dos orzamentos para o 2018 do concello. O PP cualificou de antisistema a Lores e dixo que estas contas son as peores dá era do BNG en Pontevedra. Uns orzamentos que se debaterán en pleno este venres 15 de decembro.
Pontevedra> O alumeado de Nadal tampouco gusta no concello de Pontevedra. Dende o Goberno Local veñen de presentar unha queixa oficial á empresa encargada de dita iluminación. Un alumeado, que segundo Anabel Gulías, non cumpre coas expectativas dos pontevedreses.
Pontevedra> O alcalde de Pontevedra asinou esta mañá dous convenios de colaboración coas asociacións AEMPE e Zona Monumental. Unha sinatura mediante a cal AEMPE recibirá 16 mil euros anuais ata o 2021, e Zona Monumental 22 mil ata finais do vindeiro ano.
Páxina 1 de 252
HomeSUCESOSSilvana Moril Top of Page

Síguenos en facebook