• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Erro
  • JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 98
  • JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 43

SUCESOS (71)

O incendio da gasolineira de Praceres puido iniciarse nun xerador de xeito accidental
PONTEVEDRA> Gran susto no barrio de Praceres, en Pontevedra. A última hora da tarde de onte, declarábase un incendio nunha estación de servizo do lugar. Cun amplo dispositivo, os corpos de seguridade conseguiron controlar as lapas sen que se produciran danos persoais. Hoxe, a Policía Científica investigaba as causas sobre o terreo. Polo de momento,…
Un autobús sae da vía e queda a piques de empotrarse nunha vivenda
RIANXO> Susto o que se levou esta mañá unha veciña da parroquia rianxeira de Asados, ó ver como un autobús de transporte de viaxeiros que cubre a ruta Santiago-Ribeira a piques estivo de empotrarse contra a súa vivenda.
Un accidente obriga a cortar a autovía do Barbanza ó seu paso por Taragoña
RIANXO> Un espectacular accidente mantivo cortada á autovía do Barbanza ó seu paso por Taragoña ó longo de toda a mañá. A pesar do aparatoso do sinistro, a colisión entre un camión e un turismo saldouse unicamente cun ferido leve.
Preocupación en Aguiño ante o intento de secuestro dunha menor
RIBEIRA> Preocupación na parroquia ribeirense de Aguiño tralo presunto intento de secuestro acontecido a tarde do pasado domingo. Uns descoñecidos abordaron a unha rapaza que camiñaba pola rúa e tentaron introducila nun coche. A aparición dun veciño frustrou o rapto.
Dous feridos nunha colisión entre dous turismos en Portosín
PORTO DO SON> A colisión entre dous turismos rexistrada á entrada de Portosín saldouse con dous feridos. Os feitos acontecían pasadas as doce da mañá cando o condutor dun BMW que circulaba en dirección a Ribeira perdeu o control do vehículo. O turismo que circulaba tras el, un Ford Orion, non foi quen de esquivalo…
Espectacular accidente sen feridos na autovía do Barbanza
RIANXO> O suceso producíase esta mesma tarde, ó redor das catro, na autovía do Barbanza, na saída de Rianxo, en dirección a Padrón, aínda que por fortuna sen feridos de consideración. No sinistro víronse implicados dous turismos, un Ford Fiesta e un Chevrolet Matiz. Este último foi o máis prexudicado, ó sairse da calzada despois…
Dous detidos en Rianxo con máis de oitocentas doses de éxtase
RIANXO> A policía local de Rianxo detivo a dous veciños da Illa de Arousa por un presunto delito contra a saúde pública cando tentaban desfacerse de máis de oitocentas pastillas de éxtase valoradas en tres mil euros.
A Garda Civil detén a dous furtivos por extraer vieira con toxina
BOIRO> Axentes da Garda Civil de Boiro en colaboración con Gardacostas de Galicia detiveron a dous furtivos por un presunto delito contra a saúde pública. Os detidos, dous veciños de Boiro de vinte e tres e trinta e sete anos, extraeron do mar diverso marisco con niveis de toxina superiores ós permitidos para o consumo…
Aparece o corpo dun home afogado nas inmediacións do porto de Ribeira
RIBEIRA> Un home morreu afogado a tarde do luns nas inmediacións do paseo marítimo de Ribeira. Uns veciños que paseaban pola zona deron a voz de alarma ó observar o corpo flotando na auga.
Granizada no interior do Salnés
Durante toda a mañá sucedéronse diferentes e fortes chubascos en Pontevedra, algún deles como o ocorrido este mediodía na zona de Ribadumia mesmo sorprendeu a peatóns e conductores.
Rouban masa quebrada e unha caixa de langostinos nun restaurante da Pobra
POBRA> Os ladróns accederon ó interior do establecemento despois de romper unha das fiestras. Unha vez dentro fíxéronse tamén cuns catrocentos euros en metálico, entre moedas de cambio, lotaría e un bote de propinas.
A Garda Civil detén ós presuntos autores de numerosos roubos en vivendas
ACORUÑA> A Garda Civil informaba esta pasada fin de semana da detención, no marco da operación ‘Abot e Costelo’, a dous cidadáns romaneses de 35 anos, como presuntos autores de numerosos roubos en vivendas unifamiliares. Os roubos tiveron lugar ó longo do último mes en toda a comunidade, aínda que segundo fontes do propio Instituto…
Páxina 2 de 3
HomeSUCESOS Top of Page

Síguenos en facebook